Dereito a competir

UNHA NACIÓN, UNHA SELECCIÓN!!!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Camiño a Teo

Este vindeiro venres, 23 de decembro, temos unha nova cita coa nosa selección en Cacheiras (Teo). Se non a queres perder ponte en contacto con nós a través do correo: ofervedoiro@hotmail.com

Cartaz xornadas SS.GG. do 23-d

 

PERDURA O QUE UN POBO DEFENDE!!!

 

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Nas rúas e nas bancadas…

Siareir@s Galeg@s, no seu XV aniversario, volve organizar un ano máis o tradicional partido de nadal da selección galega.

Galiza estará máis unha vez representada no terreo de xogo nunha xornada cargada de actividades que dende primeira hora da tarde do venres 23 de decembro terán lugar en Cacheiras (Teo).

 A comarca Umia-Tabeirós de SS.GG. preparou para este vindeiro venres, 16 de decembro, a partir das 21h. un concerto-presentación da xornada do 23-D na Tenda da Ponte, da vila do Baño (Cuntis). Os grupos locais, Morula e Templanza, porán a música que resoará a carón do Gallo en clave de OFICIALIDADE. Alí distribuiránse os cartóns deste ano, así coma o agasallo que en forma de camisola terán os que se fagan con él.

Animámosvos a que sexades partícipes dos actos que SS.GG. organiza nestas vindeiras datas tanto a nivel comarcal coma nacional, reforzando así o apoio popular que a nosa selección ben merece.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Non esquecemos!!!

Aquí vos deixamos tres videos do Roteiro da Memoria realizado onte, sábado 3 de decembro do 2011.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Roteiro da Memoria

O vindeiro sábado, día 3 de decembro, realizarase un roteiro en homenaxe a todos/as os/as represaliados/as e vítimas do Golpe Militar de 1936 e da posterior Guerra Civil.

 Seis somos os colectivos organizadores do acto: O Fervedoiro (Cuntis), O Meigallo (Cuntis), Portavezal (Cuntis), Xesús González Aboi (Caldas de Reis), A Cabana (Moraña) e Vagalumes (A Estrada); porén súmanse e apoian estes actos as asociacións: A Oliveira (Teo), O Costado (Campo Lameiro), Comisión pola Memoria Sinhor Afranio (Silleda),…

Read more »

Chuzame! A Facebook A Twitter

Memoria e Dignidade!

Homenaxe aos represaliados

Chuzame! A Facebook A Twitter

Na IV xornada de Limpeza

Ao redor de 400 kilos de lixo foron sacados do Gallo este pasado sábado nunha nova limpeza impulsada dende o noso colectivo, en colaboración con Adega, que reuniu a voluntari@s do noso concello. De novo atopándonos con ingratas sorpresas, con elementos que dificilmente se pode explicar  como puideron chegar ata ao río. Cancelas, motocicletas, partes de paredes de ladrillo, paneis publicitarios…  Read more »

Chuzame! A Facebook A Twitter

Limpeza do Gallo

Voltamos a mollarnos polo Gallo, a mergullarnos nel para sacar todo o que a él non pertence e que fai dano as suas/nosas augas. Será este vindeiro sábado, 1 de outubro, cando poñamos as botas e as luvas para continuar levando a cabo un ano máis a nosa aportación ao programa Móllate Polos Ríos ( Proxecto Ríos) desenvolvido por ADEGA, que organiza simultáneamente este evento en varios puntos do pais. Read more »
Chuzame! A Facebook A Twitter

Festidoiro 2011

Tal e como vos viñemos anunciando en semanas anteriores, o pasado venres 26 de agosto tivo lugar na Praza da Constitución de Cuntis (A Feria) a cuarta edición do Festidoiro. Malia ao modesto orzamento co que contamos, e as dificultades que deste aspecto derivan; conseguimos manter vivo este festival musical e celebrar así o Festidoiro 2011 que, como en edicións anteriores, tivo na defensa e normalización da lingua galega a través da nosa aposta por conxuntos musicais que cantan en galego unha das súas finalidades. Ademáis , lóxicamente, de procurar en todo momento corresponder coa oferta cultural da nosa vila. Read more »

Chuzame! A Facebook A Twitter

Na Língua Nai

cartaz do Festidoiro 2011

Chuzame! A Facebook A Twitter

Voltando ás orixes

Noite de irmandade ao son de ghaitas, bombos, padeiretas e acordeóns que trouxeron canda sí moitas das persoas que até a Praza das Árbores tiveron a ben achegarse e compartir deste xeito connosco baile, música, conversas, troula e tradición. Read more »

Chuzame! A Facebook A Twitter

Bótalle un agharradiño

VENRES,  10 de XUÑO a partir das 22 HORAS na PRAZA DAS ÁRBORES (O Baño, Cuntis)

Túa é a Rúa

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Coma nos vellos tempos

     Moitos foron os puntos da nosa xeografía nos que un cruce de camiños era o lugar idóneo para xuntarse e así distraerse ao son das pandeiretas e gaitas dos traballos nas leiras.

Lugares coma a aldea de Vilariño (Cuntis) no que as mozas e mozos da redonda, incluso achegados e achegadas dende concellos limítrofes coma o de Caldas de Reis, cantaban e bailaban á luz do candil. Martes, xoves, sábado…calquera día da semana era bo para pasar unha tarde, ás veces noite, ao son de muiñeiras, xotas e pasodobres na Rúa de Vilariño. Read more »

Chuzame! A Facebook A Twitter

Billarda sempre!!

A serpe multicor da Liga Nacional de Billarda (LNB) amosou a sua perigosa língua envelenada por vez primeira no noso concello, dando así orixe o I Aberto de Billarda de Cuntis desputado na Área dos Albariños. Vinte e nove palanadores e palanadoras ofreceron un fermoso campionato, definido no blogue oficial da LNB coma “exitazo sen precedentes nun Aberto en territorio virxe como é Cuntis“, que se acabou levando Luis (Bateas), de Sanxenxo.

vari@s d@s participantes

Para moit@s era a primeira toma de contacto con esta disciplina e trala boa experiencia deste pasado fin de semana a bo seguro que non vai ser a última. Entre @s moit@s principiantes tamén se colou algunha que outra estrela do universo do Varal, que remataba tempada onte domingo cos play offs de Conxo, coma Iván dos Bateas que na tarde do sábado caeu derrotado na final dos Albariños e que ao día seguinte saía coroado Coroceiro Nacional logo de vencer na final absoluta en Compostela.

encontro amigábelA xornada tal e como estaba planificada dou comezo ás 12 horas co encontro amigábel de fútbol-7 desputado no campo d´A Ran entre Siareir@s Galeg@s Umia – Tabeirós e un combinado de asociacións da comarca, que tamén reservou un oco para o apartado reivindicativo. Ambas escadras ofreceron un entretido partido que rematou en táboas (3 – 3). Nen uns nen outros foron quen de impoñer o seu ritmo baixo unha intensa calor.

A partir das 14.30, medio cento de persoas participaron do xantar de confraternidade que tivo lugar na Área dos Albariños (Guimarei) e que contou tamén con música tradicional pa acompañar a dixestión logo dunha boa inxesta de calorias.

xantar de confraternidade

Unha vez repousado o corpo comezou o quecemento no terreo de xogo preparado para a ocasión sobre o verde dos Albariños. Logo de tomar contacto cos paláns e as billardas afiadas foron preto de trinta persoas as que se decidiron a participar no Aberto, que estivo rodeado dunha gran expectación e fantástico ambiente. Dividid@s  en catro grupos, pasaron @s mellores catro de cada un deles que se foron enfrontando en eliminatorias até chegar a gran final. Poríase fin a estancia nos Albariños coa protocolaria entrega do trofeo ao campión e as fotos de rigor no podio.

no ChiortaA noite rematou na taberna O´Chiorta da Anllada xunto cos Comando Robalisa, Locust and Orchids, os John Deeres e Morula que ofeceron os seus repertorios para desfrute dun ateigado Chiorta.

Queremos agradecer dende aquí a tódalas persoas que a título individual (que foron moitas) dunha ou outra maneira colaboraron canda nós para que esta xornada resultase todo un éxito de participación e organización ao longo do día e da noite. Grazas tamén a xente do Varal, especialmente a Luis e Iván, aos membros dos catro grupos musicais, a SS.GG. Umia-Tabeirós e a Xavier do Chiorta.

Billarda sempre! … é un xogo si, mais tamén un amor alebrestrado!!

Chuzame! A Facebook A Twitter

3, 2, 1 ¡Acción!

Billarda Cuntiense

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp