Nova imaxe e novos contidos
Como vedes, fixémoslle un pequeno lavado de cara ao "noso sitio na rede" e engadimos unha nova sección. Nun momento fervente entre os debatentes, queremos agradecer a todos e todas os/as visitantes a vosa participación e os vosos comentarios. A cantos lles gustaría rexistrar este nivel de participación, sempre ceive!
Ademais de agradecer, tamén temos que reiterar que os comentarios que aquí se poden ler son responsabilidade unicamente do seu autor, pedimos respecto ás persoas e que se eviten os ataques persoais. De todos os xeitos, aquí nunca se censurou ningún comentario nin se fará endexamais.
Tamén podedes atopar no menú da dereita unha nova sección. Trátase do noso arquivo gráfico no que podedes ver as imaxes de todos os actos organizados até o de agora polo Fervedoiro ou nos que estivo presente. Aquí vos deixamos algún exemplo pero non deixedes de visitar as fotos todas.
Xa nos diredes que vos parece a nova imaxe!

chúzame -