O Fervedoiro, na homenaxe a Líster
Unha representación do Fervedoiro asistíu onte á primeira das Xornadas que a Asociación A Oliveira de Teo organiza esta fin de semana con motivo do centenario do nacemento de Enrique Líster.
Interviron X. L. Méndez Ferrín e X. Neira Vilas perante un ateigado salón de actos. Baixo o encabezamento de "Achegamento político", o escritor Méndez Ferrín fixo un percorrido pola vida e o pensamento do Xeneral comunista de Teo. Salientamos, da súa intervención, que malia todo o acontecido, na capital de Galiza "segue a mandar o nacional-catolicismo" pois, aclarou, "cada ano hai ofrenda ao Apóstolo". Lembrou que un dos irmáns foi asasinado aquel 12 de setembro de 1936, no cemiterio de Boisaca, xunto a Xohán Xesús González, entre outros. Como remate da súa intervención aproveitou para facer unha petición ao propio Concello de Teo para que a lembranza deste seu veciño ilustre cristalizara na adicatoria da "vella escola" a edificio cultural, de lembranza e de ensino.
Deseguido tomou a palabra Xosé Neira Vilas, fondo coñecedor de Cuba no que Líster estivo emigrado. Centrou a súa intervención no contexto social no que o canteiro de Teo pasou a súa mocidade.
Hoxe e mañá continúan os actos, que rematarán cunha mesa redonda.

