17 de maio de 2007: María Mariño

Vai ser a poeta barbanzá (de Noia) María Mariño a terceira muller á que se lle adique o Día das Letras Galegas (antes foron Rosalía de Castro e Francisca Herrera). Cada dezasete de maio, unha figura da nosa literatura é homenaxeada e, en moitos casos, serve esta data para difundir a súa figura.

MarÃa MariñoA figura deste ano naceu en 1907, en Noia, e foi a cuarta dos cinco fillos do zapateiro Xosé Mariño e da costureira Filomena Carou. É polo tanto este o ano no que se cumpre o centenario do seu nacemento.

En 1947, en Parada do Courel, coñecería a Uxío Novoneyra, que supuxo un importante feito na súa vida literaria. Da man del coñeceu e entrou en contacto con outras importanes figuras da nosa literatura: Manuel María, García Sabell ou Sixto Seco, entre outros.

No ano 1963 publica, cun limiar de Otero Pedrayo, "Palabra no tempo", na editorial Celta que dirixía o xa citado Novoneyra. Neste mesmo ano, Anxel Fole escribiría o artigo "Grave silencio enchido"sobre esa obra de María Mariño. Dous anos despois, outro dos máis salientábeis persoeiros da literatura galega, Xosé Luis Méndez Ferrín, escribiría dous artigos sobre a obra da poeta:  "A poesía de María Mariño. Un idioma novo" e "A poesía de María Mariño. Un camiño novo".

En 1966 escribiría os poemas que comporían "Verba que comeza", obra que sería publicada postumamente en 1990. Neset mesmo ano, A Trabe de Ouro edita 5 poema inéditos de María Mariño, e en 1994 Xerais publica a Obra completa de María Mariño.

Morre o 19 de maio de 1967, a consecuencia da enfermidade que padecía e é soterrada no Courel.

Dende O Fervedoiro queremos reclamar, este dezasete de maio, a vida da nosa lingua. Queremos que serva, este día, para que os restantes 364 do ano non se esquezan os oportunistas de que temos unha lingua propia e de que temos direito a vivir plenamente nela. De pouco serve que un día ao ano se fagan grandes esforzos, na maioría dos casos propagandísticos, se o resto do ano non se amosa un decidido compromiso co noso idioma.

Un Día das Letras, unha vida en galego!.

Chuzame! chúzame -

2 Responses a “17 de maio de 2007: María Mariño”

  1. Dana Says:

    Computers have already revolutionized the way we live and work. Have they changed the way we think? After reading all posts I think they have. People, why do you write what you hear somewhere, not your own thoughts?

  2. OmegaSarge Says:

    Well I’m confused. I don’t know what’s the problem here. What’s wrong. At first I thought it looked really smart, but I’m not sure any more

Leave a Reply