Histórica xornada a do 2 de xuño

Co recente procesamento dun membro de SSGG por non sabemos aínda moi ben que, os actos preparados para conmemorar o décimo aniversario daquel histórico encontro da Estrada (ano 97) que marcaba o camiño na reivindicación da oficialidade das nosas Seleccións deportivas, foron un rotundo éxito.

xohán, santi, miguel de lira, diego, xurxo souto, marcos payno e pauloNo compromiso do Fervedoiro con Siareir@s Galeg@s  e cos seus obxectivos atopamos a implicación amosada e que incluíu a distribución de entradas anticipadas e publicitación do acto. Durante a pegada de carteis na nosa vila a pasada semana, catro membros do noso colectivo foron identificados polas Forzas de Seguridade do Estado Español sen motivo aparente e por razóns que aínda non coñecemos. A única realidade é que catro mozos estaban pegando uns carteis que anunciaban un concerto nunha zona na que é habitual facelo (acotío hai outros semellantes) e fóilles solicitada a documentación ...sen máis!!

Logo deste apunte, centrámonos xa no que foi a tarde do sábado. Numerosos persoeiros de sobra coñecidos (Miguel de Lira, Xurxo Souto, Paco Lodeiro, Tonhito de Poi, Afonso Eiré, Marcos Payno, Roberto Vilar "Tonecho", Xosé Manuel Pereiro...) amosaron o seu compromiso coa reivindicación da oficialidade das nosas prolegómenos do encontroSeleccións Nacionais deportivas xogando o intenso e emocionante encontro de Santa Isabel no que o equipo dos Siareiros (formado por membros de todas as bancadas da Galiza futboleira) lle meteron un bo repaso aos "famosos". A xente do Fervedoiro estivo alí como dan fe as imaxes.

 Xa pola noite, na Sala Capitol tiña lugar a presentación do DVD dos dous últimos partidos da nosa Selección (en Compostela no 2005 e na Coruña no 2006). O prato forte chegaba coas actuacións de Non Residentz, Skacha e Skárnio. Hai que felicitar aos compañeiros Skárniode Siareir@s Galeg@as pola organización do evento. Foi unha noite inesquecíbel na que incluso a xente do Fervedoiro tivo o seu anaquiño de protagonismo cando Paulo, a voz de Skárnio, dixo iso de "isto vai para a xente de Cuntis que anda por aí!!".

Foi unha xornada máis no calendário da reivindicación da oficialidade das nosas Seleccións, que malia ser diaria e continua, ten datas coma as de onte! Hoxe, máis ca nunca, dicimos...

IMOS XOGAR O MUNDIAL!!!!

Chuzame! chúzame -

Comments are closed.