Augas do Gallo, hoxe de branco
Esta mesma mañá, na zona das Piscinas, puidemos comprobar o enésimo verquido que afectou unha vez máis ao Río Gallo ao seu paso polo centro da vila.
Non cansamos de denunciar este tipo de condutas, pero tampouco de repetir que isto é xa demasiado habitual. Desta volta, malia non acadar a magnitude doutras veces, unha das ducias de saídas "irregulares" que ao longo do río se poden observar deitaba un líquido de cor branca que se mesturaba coas augas. A cantidade non era constante, unhas veces máis e outras veces menos. Mellor cas nosas palabras, as imaxes poden explicar do que estamos a falar.


Na procura da orixe, desta volta si podemos apuntar con claridade nunha dirección, iso si, sen dar nada por seguro. Durante o día de hoxe, mércores 27, as Piscinas Municipais permanecen pechadas, segundo di un Aviso do Concello de Cuntis na propia porta, "debido a unha avaría nas instalacións". Como temos dito noutras ocasións, unhas obras ou coma neste caso, unha avaría, non pode xustificar en ningún caso unha agresión ao medio ambiente. É de reclamar que este tipo de circunstancias estean previstas e haxa unha planificación para evitar males coma este, non pode ser o Gallo o grande sumidoiro municipal ao ar libre!!
chúzame -