Día das Letras Galegas para Xohán Xesús González: adiante!

A nosa proposta á Real Academia Galega para que de Xohán Xesús González sexa homenaxeado no Día das Letras Galegas reabríu o debate sobre cal debe ser o/a figura elixida dun xeito como había anos que non se lembraba. Os principais meios informativos do país -tanto dixitais coma impresos- recollen a iniciativa e sitúano na "grella de saída" xunto aos outros posíbeis elixidos/as. Nomes como os de Lois Pereiro, Álvarez Blázquez, Carvalho Calero, Fiz Vergara Vilariño ou Eusebio Lorenzo Baleirón, por exemplo, están a soar estes días previos á escolla. A decisión coñecerase a vindeira semana e cremos firmemente que o noso veciño, a nosa aposta, ten verdadeiras opcións de que lle sexa recoñecida deste xeito a súa memoria.
Temos que salientar, e por suposto agradecer, que levamos recibidos xa un bo número de apoios tanto de particulares como de colectivos. Se temos en conta os seus principais datos biográficos, así como a súa produción literaria na nosa lingua, ben podemos entender que son de xustiza os nosos anceios!
chúzame -