O Día das Letras 2008 para Álvarez Blázquez

Finalmente, a Real Academia Galega acordou onte elixir a figura do tudense Xosé María Álvarez Blázquez para ser homenaxeado o vindeiro ano co Día das Letras Galegas. Deste xeito, Xohán Xesús González, a proposta impulsada por nós, terá que agardar cando menos outro ano máis.

Estamos convencidos de que para o ano (a homenaxear en 2009) será unha das figuras con máis posibilidades. Dende O Fervedoiro seguiremos a traballar na procura de apoios e pola recuperación da súa memoria con diversos actos co obxectivo de que dentro dun ano o noso ilustre veciño conte cun firme respaldo e sólida vontade por parte de todos/as dende a súa vila natal para que lle sexa outorgado este recoñecemento.

Xosé Mara Álvarez BlázquezXosé María Álvarez Blázquez foi merecente, para a RAG, de recibir as honras do 17 de maio do ano que vén. Nacido en Tui en 1915, foi fundador da primeira editora en lingua galega en 1950, Monterrey, que se refundaría en 1967 co nome de Castrelos. Foi militante da Federación de Mocidades Galeguistas e do Partido Galeguista. Da súa obra en galego temos que citar Os ruíns (1936) e A pega rabilonga e outras histrorias de tesouros (1971). Na parte lírica, Poemas de ti e de min (1949), Roseira do teu mencer (1950), Cancioneiro de Monfero (1953), Romance do pescador peleriño (1954) e Canle segredo (escrita en 1954 e publicada 22 anos despois). Como ensaísta ten publicado Escolma de poesía galega II: A poesía dos séculos XIV a XIX (no 59), Escolma de epigramas (1968), e Escolma de poesía medieval (1975).

Faleceu en Vigo no 1985 e cómpre salientar tamén que á pai dos irmáns Álvarez Cáccamo, coñecidos escritores de hoxendía na nosa lingua.

Chuzame! chúzame -

Comments are closed.