Arquivo de setembro de 2007

O tempo segue pasando na Ermida…

venres 28 2007

...e seguimos igual. Logo dun mes de agosto no que destapamos a situación, situándoa no debate público e á procura dunha paralización que salvara o Umia dun novo golpe letal. O tempo trouxo o esquecemento, non a paralización das obras. (more...)

Chuzame! chúzame -

Solucións?

sábado 22 2007

Se esta mesma semana alertabamos do enésimo vertido ás augas do Gallo nos últimos meses, hoxe damos conta dunha nova que lemos nun xornal de carácter local e que apunta á posíbel solución destes continuos vertidos ao río cuntiense. (more...)

Chuzame! chúzame -

Sen novidades no Gallo: máis vertidos

martes 18 2007

Chegamos a un punto no que xa non é novidade falar de vertidos no leito do Gallo, concretamente nunha das dezasete saídas que este afluente do Umia recolle ao seu paso polo centro da Vila do Baño (Cuntis). Onte, e hoxe, de novo (more...)

Chuzame! chúzame -

A festa do ano

sábado 15 2007

Estamos aínda recuperando. Reflectíuse unha semana de traballo, resumíuse un ano de compromiso. Non podemos máis que agradecer a todos e todas os/as que nos acompañastes, a Javier do Chiorta, a Perdemos o Norte (que futuro!), a Odio e Amo (sinxelamente: espectaculares!) e ao Dúo sen Nome (que grandes!). (more...)

Chuzame! chúzame -

De festa!!!

luns 10 2007

En momentos de intensa loita na defensa do noso medio - paralización da minicentral da Ermida XA!- atopamos tamén tempo para a festa. Estamos a conmemorar o noso primeiro aniversario -concretamente a data da presentación: 26 de agosto- e farémolo o vindeiro venres 14 cunha festa rachada á que, por suposto e coma sempre, estades todos/as convidados/as!!! (more...)

Chuzame! chúzame -

Carta ao Conselleiro de Medio Ambiente

venres 7 2007

Todo apunta a que nestes momentos a única posibilidade de paralización das obras da minicentral da Ermida é a Consellaría de Medio Ambiente. Nós, como colectivo, cremos que non moito máis podiamos ter feito. Non sabemos se todos/as poderán dicir o mesmo. Pola nosa banda, vimos de remitir unha carta ao Conselleiro do Medio Ambiente para, na medida do posíbel, instalo a que atenda a voz do pobo. Velaquí. (more...)

Chuzame! chúzame -

“A paralización é imposíbel pois a licenza foi obtida por silencio administrativo”

sábado 1 2007

Este venres, 31 de agosto, tivo lugar no escenario habitual (Salón de Plenos da Casa do Concello) a peza comico-dramática titulada "Pleno Municipal", a primeira co novo elenco de actores e actrices da política cuntiense á que asistimos nesta lexislatura. (more...)

Chuzame! chúzame -