Arquivo de outubro de 2007

Comeza a retirada da simboloxía fascista en Cuntis

martes 30 2007

Dende a pasada semana, non estamos todos en Cuntis. Pero non é unha mala nova, senón todo o contrario. Falta, e ben que o celebramos, o escudo da Praza de Abastos que honraba a memoria dos golpistas do 36, dos torturadores, represores e asasinos da Ditadura Franquista. O xugo e as frechas que insultaban dende un edificio público a memoria das vítimas, dos seus familiares e de toda unha sociedade xa non están alí. (more...)

Chuzame! chúzame -

Polo río abaixo van…

sábado 27 2007

Pola beira do río, para ser máis precisos. Polas marxes do Umia discorreu esta tarde a dignidade da oposición á minicentral da Ermida. Comprobouse que non eran cinco os que protestabamos por esta actuación política, empresarial, económica,... como afirmou no (Par)lamento Galego o responsábel de Augas de Galiza,... (more...)

Chuzame! chúzame -

Roteiro do silencio

xoves 25 2007

O compañeiro Martinho segue a espallar arte dende o seu album persoal. Desta vez, e parafraseando o documental que reflite a dramática situación do problema da regasificadora na Ría de Ferrol, achéganos a súa visión do roteiro deste sábado: Roteiro do Silencio. (more...)

Chuzame! chúzame -

A asociación O Arrieiro participará no Roteiro polo Umia

martes 23 2007

Xa noutras ocasións a Asociación O Arrieiro ten amosado a súa firme oposición á construción da minicentral da Ermida. Representan, coma nós en Cuntis, a oposición da veciñanza morañesa a esta nova agresión medioambiental na nosa comarca. O sábado estarán entre os que exixamos que se evite o asasinato. (more...)

Chuzame! chúzame -

Roteiro polo Umia

luns 22 2007

Como xa é ben sabido, ao Umia estáselle nestes momentos propiciando outro duro golpe que contribuirá a empeorar a calidade das súas augas e a destruír a paisaxe das súas ribeiras. As obras de construción dunha nova minicentral no lugar da Ermida levan causado xa un impacto ambiental irreparábel. Para comprobar de primeira man o que dicimos, organizamos un roteiro pola beira do Umia. Participade! (more...)

Chuzame! chúzame -

Completamos a localización da simboloxía fascista, só queda eliminala!

mércores 17 2007

Como diciamos, cremos que é unha boa oportunidade o comezo da tramitación da Ley de la Memoria Histórica no Congreso dos Deputados (Madrid) para limpar as nosas rúas, prazas e edificios públicos dos restos de simboloxía fascista que aínda conteñen. Sería isto executar unha das normas que esta lei conlevará cando entre en vigor e ao tempo, no caso cuntiense, respostar á iniciativa que temos rexistrado. (more...)

Chuzame! chúzame -

Retirada da simboloxía fascista… XA!

luns 15 2007

A pasada semana comezaba a súa tramitación no Congreso dos Deputados (Madrid) a Ley de la Memoria Histórica. Esta nova normativa obriga tanto a entidades como a particulares a retirar a simboloxía fascista que dende a Ditadura aínda se mantén en rúas, prazas, edificios públicos, etc. (more...)

Chuzame! chúzame -

Indecentes

venres 12 2007

O pasado mércores chegou ao Parlamento Galego a construción da minicentral da Ermida, coa oposición que conleva, coa polémica e tamén coas irregularidades entre as que está a nacer. (more...)

Chuzame! chúzame -

Seguimento dos traballos para a fin dos vertidos

martes 9 2007

No día de onte comezaron, como estaba anunciado, os traballos na rede de sumidoiros cuntienses para detectar a procedencia dos vertidos que con demasiada frecuencia van parar ao Gallo e que en innumerábeis ocasións temos denunciado. (more...)

Chuzame! chúzame -

Solidariedade

Veñen de remitirnos o MANIFESTO GALEGO DE SOLIDARIEDADE CON EUSKAL HERRIA, nado a raíz dos feitos acontecidos nos últimos días coa detención de varios/as dirixentes da esquerda abertzale por parte do Estado Español. (more...)

Chuzame! chúzame -

Anécdotas das obras

xoves 4 2007

As obras de saneamento integral da vila do Baño, que xa teñen provocado máis dun lamento coa rotura dun sumidoiro que provocou un vertido de fecais hai só unhas semanas, déixannos estes días unha imaxe, cando menos, desconcertante. (more...)

Chuzame! chúzame -

Un ano na rede

mércores 3 2007

Hai unhas semanas celebrabamos coa Festa Aniversario o noso primeiro ano de actividade. Lembrando que xa fora no pasado agosto, o 26, cando se cumprira un ano daquel bonito día da presentación. Hoxe, no recén estreado outubro, estamos a piques de chegar ao primeiro ano na rede. (more...)

Chuzame! chúzame -