Anécdotas das obras

As obras de saneamento integral da vila do Baño, que xa teñen provocado máis dun lamento coa rotura dun sumidoiro que provocou un vertido de fecais hai só unhas semanas, déixannos estes días unha imaxe, cando menos, desconcertante.

azude no Gallo (4-10-07)Se ben é certo que as leis permiten este tipo de actuacións (ao noso entender agresións ao río!), non deixa de ser unha aberración estética (por ser coidadosos nos cualificativos) o que as fotos amosan claramente. Trátase dun azude que "transporta" as augas fecais dunha a oura beira do río e que ao remate da obra queda "disimulado" con pedras por enriba e por debaixo. Repetimos: consideramos unha agresión a calquer río o prantarlle unha parede de formigón no seu leito.

 azude no Gallo (4-10-07)

Esta mesma tarde, dous concelleiros explicáronnos a obra e a estrutura de formigón causante da nosa incredulidade (e de quen a vira). Agardamos que as actuacións que se están a levar a cabo non perxudiquen o Gallo máis do que está na parte inferior, saÃda que verte augas fecais ao Gallo(durante este proceso, unha saída de augas fecais verte libre e directamente ao río), e cando menos, fagan esquecer as enchentas que vai agora para un ano asolagaron as rúas do centro da vila. Enchentas que, entre múltiples factores, en Cuntis e noutras vilas onde se produciron, responden á responsabilidade directa da man do home e das súas actuacións. Non debemos esquecelo.

Precisamente, e polo que podemos ver na prensa local, a solución ás enchentas é un dos asuntos protagonistas das xuntanzas que representantes do Concello de Cuntis mantiveron estes días co propio Conselleiro de Medio Ambiente, quen por certo, segue sen nin tan sequera respostas á carta que O Fervedoiro lle remitíu hai uns días.

Tan só apuntar, para rematar, que a longa conversa que mantivemos cos dous concelleiros do bipartito cuntiense deu tamén para afondar nas promesas de eliminación dos vertidos continuos que o noso río padece.

Somos escépticos.

Chuzame! chúzame -

Comments are closed.