O 27 de Nadal, a Vigo!

Para estar coas nosas Seleccións Nacionais de Fútbol. E dicimos ben, en plural, porque ademais da masculina ha debutar a feminina, así que ración dobre de festa, futbol e reivindicación. Hoxe mesmo confirmouse cales serán os nosos rivais. Por suposto, aí estaremos!

Xoves 27 de Nadal, Estadio de Balaídos, Vigo. As Seleccións Galegas de fútbol, tanto a masculina como a feminina, desputarán os seus respectivos encontros internacionais de caracter amigábel. Os rivais serán cameruneses e catalás.

Segundo confirmou hoxe mesmo a Directora Xeral para o Deporte, Marta Souto, producirase o debú da feminina deSelección Catalana feminina fútbol e posteriormente celebrarase o terceiro encontro da masculina nesta nova andaina polos camiños do fútbol internacional para o noso país. As futbolistas galegas enfrontaranse a Catalunya e será un ocasión magnífica para reivindicar, conxuntamente con outra nación irmá como a do Mediterráneo, o dereito a competir oficialmente. Será unha festa do fútbol e, como foi nos dous anos anteriores, un clamor popular unánime esixindo a oficialidade.

Samuel Eto'o, xogador de CamerúnLogo das mulleres chegará a quenda dos homes. O Galiza - Camerún será unha festa e unha proba de lume para fixar o noso nivel fronte unha habitual dos Campionatos do Mundo e que chegará en plena preparación para a Copa de África, na que será unha das grandes favoritas.

Ao igual ca o pasado ano, O Fervedoiro organizará (en colaboración con Siareir@s Galeg@s) o desprazamento até Vigo para apoiar, neste caso, ás nosas seleccións nacionais e reclamar, unha vez máis, o noso dereito a competir oficialmente. Habemos seguir informando das novidades e preparativos da viaxe. Lembrade que a marca a superar está nos e nas 65 que o decembro pasado estivemos na Coruña!

 

Unha nación, unha selección!

Chuzame! chúzame -

Comments are closed.