Galiza non se vende

Esta mañá presentouse en Compostela Galiza non se vende, unha rede nacional conformada por colectivos de todo o país para os cales o compromiso co medio e coa defensa da Nosa Terra ocupa un espazo preferente nas súas miras. O Fervedoiro fai parte de GNSV.

Non integran esta rede entidades sindicais nin políticas, tan só protagonistas dese emerxente movemento social que vai parar a destrución da nosa paisaxe e dos nosos recursos executada por empresas privadas e en moitos casos alleas e consentida e promovida polos gobernantes.

 presentación de GNSV

O Fervedoiro, malia non considerarse un colectivo (unicamente) ecoloxista, intégrase na rede que ten representación por toda a nosa xeografía. Como cada un dos integrantes, pretendemos ultrapasar o eido local na denuncia dalgunha desfeita mediambiental e implicar á sociedade galega facéndoa coñecedora, por exemplo, das actuacións na Ermida ou das non actuacións no Encoro da Baxe.

Velaquí o lido na rolda de prensa de presentación.

Chuzame! chúzame -

Comments are closed.