Valoración un ano despois (20-N) da proposta de retirada da simboloxía fascista

Hoxe, 20 de novembro, celebramos a morte do Ditador Francisco Franco (1975) e de José Antonio Primo de Rivera (1936), fundador de Falange Española. Cúmprese tamén un ano dende que rexistraramos no Concello de Cuntis a solicitude de retirada da simboloxía fascista. Facemos balanzo.

Neste ano déronse significativos acontecementos que non podemos deixar de lembrar á hora de valorar a situación actual. Un mes despois, o 29 de decembro de 2006, o Pleno Municipal posicionábase arredor do asunto, malia a Sra. Alcaldesa decidir que non habería ningún tipo de votacións. Daquela inesquecíbel sesión non podemos deixar de citar o xa mítico "hai que consultar con Patrimonio", ocorrencia saída Mesegodas inigualábeis entendedeiras do daquela voceiro do grupo municipal socialista, que temos no recordo aínda que non forme xa parte da vida política cuntiense. Aínda que non moito por debaixo debemos pór a cita "a historia está aí por moito que nos pese", da autoría da Alcaldesa. As cousas non pintaban ben vendo a nula vontade do goberno municipal daquel entón, o PP rexeitaba aceptar e o BNG non estaba presente para posicionarse.

CastrolandÃn Laxos

O seguinte a sinalar é a resposta que O Fervedoiro deu á farsa do Pleno municipal e ao desprezo á proposta. Decidimos pór en coñecemento dos dirixentes nacionais de PP, PSOE e BNG a súa actitude en Cuntis, á contra no caso dos dous últimos da liña mantida noutras institucións. O que non agardabamos era a surrealista resposta que tivemos por parte de Ismael Rego, voceiro parlamentar do PSOE. Decidimos, daquela, non contestala pois considerabamos que se descualificaba por si mesma e ningún engadido había estar á altura de tal cantidade de demagoxia. O que si é certo é que foi o único dos tres partidos do Parlamento que respostou.

O seguinte salientábel foi a modificacion do goberno municipal Cardecideresultante das eleccións municipais, ou mellor dito, dos pactos posteriores que fixeron posíbel a permanencia na alcaldía do PSOE e deron co BNG (renovado alomenos nas súas caras) sostendo parte do goberno e encargándose, por xemplo, da area de cultura municipal, que é a que atinxe a este asunto. A actitude manifestada polos dirixentes do Bloque encamiñábase máis a asumir a retirada da simboloxía fascista, polo que as nosas esperanzas collían novos pulos.

A seguinte parada no percorrido situámola neste pasado mes de outubro. Aprobábase no Congreso dos Deputados de Madrid a Ley de la Memoria Histórica, que entre outras Gontadeobriga a retirar a simboloxía e toda clase de manifestacións fascistas. Razón suficiente para, aínda que non se considere a nosa proposta, se proceda a executar o contido da mesma! Pola nosa banda, rematabamos o traballo de localización que incluía a proposta inicial, ampliándoo con fotografías que viñemos publicando aquí mesmo. Con isto unha boa parte do traballo está feito e, así, só queda proceder á limpeza.

Rúa da Igrexa (O Baño) Vilariño

Unha limpeza que deu comezo xa, o pasado mes e aproveitando unhas obras de reforma na Praza de Abastos. O primeiro en ser retirado foi o escudo da Falanxe que presidía este edificio público. Mais o insólito foi o silencio no que se envolveu todo, como se fora algo que houbera que agochar ou polo que houbera que sentirse avergoñados. Temos constancia de que algún medio de comunicación se enterou por esta páxina, cando se falamos doutros asuntos de menor relevancia "véndense" con moita maior intensidade e fachenda.

No fondo, e independentemente da publicidade que se lle dea, o que seguimos a esixir é a retirada total dos símbolos non só do centro da vila, senón das fontes e demáis lugares do rural nos que se localizaron. A proposta non se limitaba exclusivamente ao escudo máis vistoso e representativo, senón á totalidade deles espallados polas nosas terras.

Co cal, a valoración ten que ser positiva, pois aínda que non temos novas do famoso informe de Patrimonio, algún avanzo se produce. O pobo é ben consciente de quen é quen neste asunto e das posturas duns e doutros, polo que as responsabilidades de cada un están ben definidas e non hai que ter medo que se mesturen. Ou hai que tentar agochar o cumprimento das leis?

Praza de Abastos (antes)Praza de Abastos (despois)

Chuzame! chúzame -

Comments are closed.