Arquivo de Decembro de 2007

Presentamos “No Pazo de Laiovento. Conversas con Francisco Pillado Maior”

Luns 31 2007

Aínda coa xornada do pasado 27 ben presente na lembranza, imos comezar o ano cun acto de altura. O vindeiro venres 4 de xaneiro, ás oito do serán na Casa da Cultura "Roberto Blanco Torres" presentamos o libro de Xosé Luna "No Pazo de Laiovento. Conversas con Francisco Pillado Maior". (more...)

Chuzame! chuzame -

Oficialidade XA!

Venres 28 2007

Á festa das Seleccións Galegas contribuímos dende Cuntis e comarca con 120 compañeiros e compañeiras, deixando en cativas as marcas do ano pasado. Enchemos dous autobuses con preto de oitenta persoas armando festa dende o comezo até o remate da longa xornada de onte. (more...)

Chuzame! chuzame -

En movemento, a 120!

Mércores 26 2007

Polo chan as marcas do ano pasado. Case setenta persoas, máis de medio cento delas en bus, son números que quedan lonxe xa a día de hoxe para a viaxe de mañá a Vigo. Este ano, para estar á beira das Seleccións Galegas de futbol (masculina e feminina), o Fervedoiro vai mobilizar a 120 persoas de toda a comarca, 80 delas en dous autobuses que partirán dende O Baño. Aí queda iso. (more...)

Chuzame! chuzame -

A resposta

Domingo 23 2007

Onte sábado tivo lugar a presentación en Cuntis do DVD "1996-2006: Dez anos luitando por Galiza", editado por Siareir@s Galeg@s e no que se recollen os dez ultimos anos de reivindicación da oficialidade das nosas selección. A Casa da Cultura "Roberto Blanco Torres" encheuse para asistir ao acto e dar mostra do compromiso popular en prol do noso dereito a competir internacional e oficialmente en todas as modalidades deportivas. A resposta está sendo máis ca satisfactoria! (more...)

Chuzame! chuzame -

Dereito a decidir, dereito a competir

Mércores 19 2007

Esa é a lenda das novas camisolas do Fervedoiro, que xa se poden adquirir ao prezo de oito euros. Dereito a decidir o noso futuro como pobo, dereito a competir oficialmente en todas as competicións deportivas de calquera modalidade!! (more...)

Chuzame! chuzame -

Ezequiel Mosquera

Un dos deportistas galegos de máis alto nivel vai estar connosco o vindeiro sábado na presentación do DVD "1996-2006: Dez anos luitando por Galiza", de Siareir@s Galeg@s. Ezequiel Mosquera, o ciclista de Teo tan valorábel pola súa valía sobre a bicicleta como polo súa humildade e compromiso. (more...)

Chuzame! chuzame -

Agora, neumáticos

Martes 18 2007

Temos que facer unha paréntese na "previa" futboleira para retomar o sendeiro da denuncia. Desta volta puidemos descubrir máis de medio cento de neumáticos tirados no monte na zona da Ponte Taboada, moi preto do Río Umia. (more...)

Chuzame! chuzame -

En movemento 2007!!

Sábado 15 2007

Así, en movemento, ultimabamos o ano pasado a viaxe á Coruña para estar á beira da Selección Galega no encontro de Riazor fronte ao Ecuador. Pero este ano "a previa"  comeza antes. O vindeiro sábado 22 presentaremos en Cuntis o DVD de Siarei@s Galeg@s "1996-2006: Dez anos luitando por Galiza". (more...)

Chuzame! chuzame -

Resposta de Augas de Galicia en relación coa construción da Minicentral da Ermida

Mércores 12 2007

Hoxe mesmo recibimos contestación da Consellaría de Medio Ambiente, concretamente do organismo Augas de Galicia, en relación coa carta remitida ao Conselleiro o pasado 7 de setembro na que se lle solicitaba a súa intervención para paralizar a desfeita medioambiental que a construción da Minicentral da Ermida está a causar. (more...)

Chuzame! chuzame -

Xa imos indo cara a Vigo!

Luns 3 2007

Xa están avanzados os preparativos para a viaxe ao encontro internacional das nosas Seleccións de futbol (contra Camerún a masculina e contra Catalunya a feminina, que debuta). Como sabedes, será o vindeiro 27 de Nadal en Vigo e non faltarán Siareir@s  Cuntis! (more...)

Chuzame! chuzame -

Demandamos información sobre a instalación de redes inarámicas en Cuntis

O pasado venres, 30 de novembro, rexistrabamos no Concello de Cuntis unha nova suxestión na procura de sermos partícipes das decisións que afectan á veciñanza deste pobo. Referímonos, en concreto, á iniciativa anunciada dende a administración cuntiense de instalar redes inarámicas co fin de espallar a internet sen fíos a varios puntos do noso municipio. (more...)

Chuzame! chuzame -