Xa imos indo cara a Vigo!
Xa están avanzados os preparativos para a viaxe ao encontro internacional das nosas Seleccións de futbol (contra Camerún a masculina e contra Catalunya a feminina, que debuta). Como sabedes, será o vindeiro 27 de Nadal en Vigo e non faltarán Siareir@s Cuntis!
Pero non será a única actividade que teremos co gallo dos encontros dos nosos equipos nacionais. O sábado 22 (arredor das sete e media do serán, que confirmaremos) realizaremos a presentación do DVD "1996-2006: Dez anos loitando por Galiza", editado por Siareir@s Galeg@s e que recolle a reivindicación, primeiro da criazón da Selección Galega e agora da oficialidade. Podedes facer xa os vosos pedidos no correo ofervedoiro@hotmail.com para así velo antes ca ninguén, incluso da propia presentación! As lembranzas de dez anos ao módico prezo de 5 euros! Non quededes sen el porque algún e algunha ha poder recoñecerse.

E, xa postos, presentaremos tamén a viaxe e confirmaremos todos os detalles. Sobre este acto iremos ampliando conforme nos vaiamos achegando á data. O que podemos ir confirmando son diversos aspectos que están xa amañados (por exemplo, a saída dende Cuntis que será arredor das tres e media da tarde). Axiña teremos as camisolas do Fervedoiro, que poderedes coñecer nos vindeiros días e mercar aquí mesmo. Tamén temos xa os cartons de socios e socias de SS.GG., con cuxa adquisición teredes a correspondente entrada. Non agardedes a última hora e solicitádeos xa.
Os prezos son os seguintes:
>entrada + viaxe: 7 euros para socios/as e 10 para non socios/as do Fervedoiro.
>DVD "1996-2006: Dez anos loitando por Galiza": 5 euros
>camisola do Fervedoiro: 7 euros
*Asímesmo, tamén temos entradas dispoñíbeis para adquirir sen viaxar necesariamente connosco. Poñédevos en contacto e informarémosvos máis concretamente.
De todos os xeitos, o día 22 na presentación da viaxe concretaremos todos os detalles, polo que non podedes faltar. Malia isto, non agardedes a este día para apuntarvos xa que por motivos de organización sería interesante ter a listaxe definitiva nesa data.
chúzame -