En movemento 2007!!

Así, en movemento, ultimabamos o ano pasado a viaxe á Coruña para estar á beira da Selección Galega no encontro de Riazor fronte ao Ecuador. Pero este ano "a previa"  comeza antes. O vindeiro sábado 22 presentaremos en Cuntis o DVD de Siarei@s Galeg@s "1996-2006: Dez anos luitando por Galiza".

Siareir@s Galeg@s é o colectivo que a nivel nacional encabeza a reivindicación organizada da oficialidade das nosas Seleccións deportivas. Hai máis de dez anos celebrábase na Estrada o primeiro encontro entre Siareiros e Persoeiros para esixir a criazón daquela da Selección Galega. O pasado mes de xuño reeditábase na versión actualizada un encontro semellante no campo compostelán de Santa Isabel. Entre unha data e a outra, vimos feito realidade o soño, pero tan só a medias...

Porque o obxectivo final é xogar o Mundial! O obxectivo é poder competir oficialmente e que se nos vexa recoñecido este  lexítimo dereito. O vindeiro sábado 22, ás sete e media do serán, na Casa da Cultura "Roberto Blanco Torres" presentaremos as imaxes. Contaremos coa presenza dun compañeiro da asemblea comarcal de Compostela  de SS.GG, e dun deportista galego do máis alto nivel: Ezequiel Mosquera, do Karpin Galiza de ciclismo.

Mentres preparamos todo, xa podedes adquirir as entradas e non agardar até a última hora. Lembrámosvos os prezos:

>entrada+viaxe: 7 € para soci@s do Fervedoiro e 10 € para quen non o sexa.

Para calquera información deixámovos dous teléfonos de contacto nos que poderedes aclarar calquera dúbida: o 628-524-458 e o 657-358-343.

Temos que agradecer á compañeira Ce o deseñeo do cartel!

Chuzame! chúzame -

Comments are closed.