Dereito a decidir, dereito a competir

Esa é a lenda das novas camisolas do Fervedoiro, que xa se poden adquirir ao prezo de oito euros. Dereito a decidir o noso futuro como pobo, dereito a competir oficialmente en todas as competicións deportivas de calquera modalidade!!

camisola nadal '07Velaquí. Levamos no peito non só a lenda senón todo o contido que conleva e que supón. O dereito a decidir que como pobo nos corresponde, o dereito de autodeterminación que dende sempre esiximos.

Por outra banda, e sendo conscientes da importancia das competicións deportivas na sociedade actual e dos equipos nacionais como identificadores dun pobo, o irrenunciábel dereito a competir da man do irrenunciábel dereito de autodeterminación. Non podedes quedar sen ela!

Por outra banda, e como vimos facendo ultimamente cada vez que celebramos calquera acto, non podemos deixar de mandarlle os habituais saúdos aos/ás que adican algún minuto do seu tempo a arrincar os carteis que pegamos anunciando os nosos actos. Desta volta, o da presentación do vindeiro sábado foi comido pola xenreira incontíbel dalgún ou dalgunha con bastante tempo de lecer e con moi pouco criterio do respecto aos demais. Nin que dicir ten que o trato cara a outros colectivos, quizabes menos molestos ca nós, é ben distinto. Para que se poidan entreter aquí deixamos de novo o cartaz para que poidan probar a retiralo de aquí. Sorte!

O vindeiro sábado poderedes facervos con todo o material que temos dispoñíbel e por suposto coas entradas. Botádelle un ollo na nosa tenda!

Chuzame! chúzame -

Comments are closed.