Ezequiel Mosquera

Un dos deportistas galegos de máis alto nivel vai estar connosco o vindeiro sábado na presentación do DVD "1996-2006: Dez anos luitando por Galiza", de Siareir@s Galeg@s. Ezequiel Mosquera, o ciclista de Teo tan valorábel pola súa valía sobre a bicicleta como polo súa humildade e compromiso.

Ezequiel MosqueraEzequiel Mosquera comezou a súa traxectoria como profesional no ano 1999 nas ringleiras do equipo portugués do Paredes. Tralo paso por outras escadras do pelotón estatal como Kaiku (2005) ou Comunitat Valenciana (2006), este mesmo ano voltaba á súa terra para encabezar o proxecto do primeiro equipo ciclista profesional galego: o Karpin Galiza.

Logo dun comezo de tempada espectacular, estando a piques de estrear o palmarés do KGZ coa vitoria na Volta a Mallorca (na que estivo tres días de líder), o conxunto galego e cada un dos seus compoñentes asentáronse como uns dos máis combativos alí onde competían. Proba disto é que a Unión Ciclista Internacional vén de incluír ao noso equipo entre os de categoría Continental Profesional.

Mais o grande éxito do ano para o KGZ, e en particular para Ezequiel Mosquera, foi a sobresaínte participación nunha das probas de maior nivel entre as da elite mundial: a "Vuelta a España". Unha carreira que percorreu os seus primeiros quilómetros en territorio galego, onde os da casa voltaron a deixar claro unha vez máis que, tamén no eido deportivo, ninguén sabe máis da nosa terra ca nós mesmos! Sen esquecérmonos do excelente papel do conxunto e sen deixar de citar a grandísima actuación de Serafín Martínez que portou a camisola de mellor escalador durante máis dunha semana, Ezequiel Mosquera fíxonos vibrar e sentirnos fachendosos coas súas actuacións polas estradas de Ezequiel Mosquera atendendo aos siareirostodo o Estado. Cunha actitude sempre combativa e de ataque, conqueríu acadar o quinto posto na xeral final da carreira e en máis dúnha ocasión estivo a piques de rabuñar a vitoria nalgunha tirada, mais faltoulle sempre un pouquiño de sorte. E todo isto sen a atención mediática que se lle presta a outros que levan feito bastantes menós méritos...

Representa, polo tanto, a puxanza do ciclismo galego que estourou coa vitoria de Oscar Pereiro no Tour de Francia do ano pasado, coas parciais do propio mosense e de Marcos Serrano e coa criazón do equipo profesional galego do Karpin Galiza, que representa unha grandísima oportunidade para o ciclistas novos do noso país que até o de agora tiñan que procurar unha oportunidade Seleccion Galega infantil masculina de ciclismomaioritariamente en conxuntos de Portugal. Agora xa poden demostrar a súa valía nas estradas no seo dun equipo da terra.

O vindeiro sábado o deporte galego de máis alto nivel vai estar representado na presentación do DVD de SS.GG. en Cuntis. Mosquera achegaranos a súa experiencia e a importancia para os deportistas galegos da existencia dos nosos propios equipos nacionais.

Chuzame! chúzame -

Comments are closed.