Oficialidade XA!

Á festa das Seleccións Galegas contribuímos dende Cuntis e comarca con 120 compañeiros e compañeiras, deixando en cativas as marcas do ano pasado. Enchemos dous autobuses con preto de oitenta persoas armando festa dende o comezo até o remate da longa xornada de onte.

O día comezou, como xa adiantabamos onte, cun xantar. Ás catro e media partiamos cara a Balaídos con dous obxectivos claros: facer parte da festa e estar coas nosas Seleccións previa en Cuntisnacionais esixindo a oficialidade! O acto central foi a manifestación nacional convocada por Siareir@s Galeg@s, que desta vez, temos que dicilo, transcurríu sen incidentes como os que tiveron lugar o ano pasado na Coruña. Desta volta, o comportamento das Forzas de Seguridade do Estado foi correcto e non houbo que lamentar cargas ou actuacións desproporcionadas ao igual cas do pasado ano.

no bus

Alén dos resultados (derrota delas e empate deles), o máis salientábel foi o retraso de hora e media co que comezou o Galiza - Camerún. Segundo se informou, foi debido a problemas entre os xogadores cameruneses e a súa federación. Velaquí un motivo máis para non conformarnos con estes amigábeis de Nadal, feitos parece que coa intención de calmar as ansias dos que esiximos o noso dereito a competir! Nada máis lonxe da realidade, o cheo case absoluto rexistrado no estadio (malia o retraso) e as audiencias televisivas amosan en Vigounha vez máis que é o clamor dun pobo o que está a demandar a oficialidade dos nosos equipos nacionais en todas as modalidades deportivas. O ambiente nas bancadas foi unha vez máis, excelente.

A xornada rematou cos concertos de Ruxe Ruxe e Lamatumbá no Pavillón das Travesas, que tamén se encheu para continuar coa festa. Dende O Fervedoiro agradecemos a todos e todas as que viñestes no bus por facer parte da mobilización, da reivindicación e dunha xornada inesquecíbel.

elas 

Por suposto, quedades convidados e convidadas para a vindeira viaxe que ten que ser xa a un encontro oficial!!! Estamos xa imaxinando como será cando o encontro sexa da fase final dun Mundial!

(botádelle un ollo ao resto de imaxes picando aquí)

Chuzame! chúzame -

Comments are closed.