Presentamos “No Pazo de Laiovento. Conversas con Francisco Pillado Maior”

Aínda coa xornada do pasado 27 ben presente na lembranza, imos comezar o ano cun acto de altura. O vindeiro venres 4 de xaneiro, ás oito do serán na Casa da Cultura "Roberto Blanco Torres" presentamos o libro de Xosé Luna "No Pazo de Laiovento. Conversas con Francisco Pillado Maior".

 

Unha das figuras imprescindíbeis na cultura galega contemporánea é Francisco Pillado, escritor, editor e dramaturgo coruñés ao que o noso teatro lle ten moito que agradecer. O autor da obra, o estradense Xosé Luna, achéganos o resultado de máis de trinta horas de conversas co protagonista na que se nos revela esoutra súa visión dende diferentes ópticas, en cinco capítulos de redacción sen censura e pensamento valente.

Francisco Pillado e Xosé Luna

Con este acto situaremos a Cuntis no circuíto da elite cultural galega, xa que a nosa vila será a primeira das paradas da xiraMiguel Anxo Fernán Vello de presentación coa que esta obra se dará a coñecer. Contaremos, ademáis de cos xa citados Francisco Pillado e Xosé Luna, co editor do libro Miguel Anxo Fernán-Vello (director de Espiral Maior).

Manoele de Felisa, cantautor cuntiensePara pór remate teremos connosco ao cantautor cuntiense, veciño, Manoele de Felisa, que pechará cun breve recital músico-poético unha das citas culturais máis importantes da comarca nestes últimos meses. Un peche intimista para unha obra do mesmo carácter que nos descobre a un dos persoeiros máis relevantes da cultura do país.

Por suposto, e coma sempre, estades todos e todas convidadas!

Chuzame! chúzame -

Comments are closed.