En marcha a Campaña de Normalización Lingüística en Cuntis ‘08
Mércores 30 2008Vimos de rexistrar no Concello de Cuntis o documento da CNLC '08 (Campaña de Normalización Lingüística en Cuntis '08), que se compón dunha escolma de medidas que consideramos perfectamente asumíbeis e executábeis. Esiximos que dunha vez por todas se poña en funcioanamento o último termo do tan extenso nome da Concellaría de Cultura, Turismo, Xuventude, Deporte e Política Lingüística. Así como acollemos de bo grao a súa creación, non podemos senón denunciar a súa parálise no tocante a promoción do noso idioma medio ano despois do seu nacemento. Non esquezamos que polo medio hai unha cuantiosa dedicación exclusiva... (more...)
chuzame -