Arquivo de Febreiro de 2008

Camiño da oficialidade

Martes 26 2008

Facemos unha nova escala no camiño da loita pola oficialidade das nosas seleccións deportivas, será O Ferrol este vindeiro venres 29, o motivo: a estrea da selección masculina de fútbol sala no pavillón da Malata. (more...)

Chuzame! chuzame -

Unha festa para non rir

Martes 19 2008

Foi o día 17 de febreiro de 2008 a data na que a sociedade galega se volveu a reunir e autoorganizar para lle esixir ás administracións que GALIZA NON SE VENDE!!, que o patrimonio verde que conserva a nosa querida terra non pode caer en mans de especuladores, de grandes construtoras, de empresas transnacionais, do poder globalizador,... (more...)

Chuzame! chuzame -

Colaboramos na distribución do novo CD de Skárnio

Luns 18 2008

Skárnio é un dos grupos punteiros de Galiza. Destacan polo seu compromiso e pola contundencia nas súas letras, que refliten sempre unha realidade social: a nosa. "O nosso caminho" é o seu novo traballo e está xa á venda. Editado baixo licenca "Copileft" e ao acubillo de Arredista Produçoms mantén o espírito de loita que sempre identificou o grupo. (more...)

Chuzame! chuzame -

Domingo 17: manifestación nacional de GNSV contra a destrución do territorio

Xoves 14 2008

A rede nacional Galiza Non Se Vende, da que O Fervedoiro fai parte, berrará o vindeiro domingo en Compostela contra a detrución do territorio. Será unha "mani-festa-acción" para esixir a fin das actitudes que están a esnaquizar a nosa paisaxe en prol dos intereses capitalistas e co consentimento dos nosos gobernantes. Ás doce da mañá, na Alameda da Capital: terra viva e digna para tod@s!!!! (more...)

Chuzame! chuzame -

Lavadoiros que se perden

Martes 12 2008

Temos repetido en numerosas ocasións que Cuntis é "terra de augas", e como tal, posúe entre os seus bens patrimoniais máis prezados os lavadoiros do Baño. Gardan recordos de tempos pasados nos que as lavandeiras da vila baixaban ao pé do Gallo para lavar as roupas. (more...)

Chuzame! chuzame -

Maxistral…

Domingo 10 2008

O sábado 9 de febreiro de 2008 ha quedar sinalado en vermello no almanaque do Fervedoiro para sempre. Terá que ser festivo en vindeiros anos... O acto celebrado onte en Cuntis, a conferencia de Xosé Manuel Beiras, fica xa nalgún recuncho da memoria dos e das que estivemos presentes. Foi un día para aprender, para disfrutar, e abofé que o fixemos! (more...)

Chuzame! chuzame -

“O colonialismo interior”, por Xosé Manuel Beiras

Luns 4 2008

Xosé Manuel Beiras é un referente indiscutíbel no panorama sociopolítico galego do último século. Proba disto é a admiración que esperta entre uns/unhas e a incomodidade que lle provoca a outro/as. No que todos/as coincidimos é no seu papel fundamental na construción do movemento popular galego organizado e na defensa dos intereses nacionais deste pobo. O vindeiro sábado (9 de febreiro), ás sete e media da tarde imos poder escoitalo no Baño, en Cuntis, espallando coñecemento sobre un tema que domina á perfección: "O colonialismo interior", unha escolma de circunstancias que han dar para abrirnos os ollos e entender un pouco máis o porqué de certas cousas. (more...)

Chuzame! chuzame -