Domingo 17: manifestación nacional de GNSV contra a destrución do territorio

A rede nacional Galiza Non Se Vende, da que O Fervedoiro fai parte, berrará o vindeiro domingo en Compostela contra a detrución do territorio. Será unha "mani-festa-acción" para esixir a fin das actitudes que están a esnaquizar a nosa paisaxe en prol dos intereses capitalistas e co consentimento dos nosos gobernantes. Ás doce da mañá, na Alameda da Capital: terra viva e digna para tod@s!!!!

Cremos que os motivos para acudir son máis ca coñecidos e evidentes, pero por se alguén precisa repasalos recomendamos botarlle unha ollada picando nesta ligazón.

Van estar representados todos os conflitos e agresións que por toda a nosa xeografía están agredindo e poñendo en perigo a nosa riqueza paisaxística, e con eles, todas e cada unha das loitas e colectivos que en representación de todo o pobo galego loitan contra a maré de destrución e especulación que multinacionais e administracións promoven. Entre elas, a construción da Minicentral da Ermida vai ser rexeitada tamén en Compostela, da man do Fervedoiro, así como o desprezo pola conservación dos nosos ríos e regatos ou o estado do Encoro do Umia. Porque os nosos gobernantes están nese grupo dos que consinten a entrega dun río a unha entidade privada para lucro desta. Aínda a risco de ser repetitivos, non habemos cansar de repetilo e sinalar aos culpábeis: anterior goberno do PP, actuais consellarías de Industria e Medio Ambiente; e con elas grupos políticos municipais do PP, PSOE e BNG por non amosar nin o máis mínimo interese en deter este atentado medioambiental.

cartaz da manifestación de GNSV do 17-2-08

Chuzame! chúzame -

Comments are closed.