Colaboramos na distribución do novo CD de Skárnio

Skárnio é un dos grupos punteiros de Galiza. Destacan polo seu compromiso e pola contundencia nas súas letras, que refliten sempre unha realidade social: a nosa. "O nosso caminho" é o seu novo traballo e está xa á venda. Editado baixo licenca "Copileft" e ao acubillo de Arredista Produçoms mantén o espírito de loita que sempre identificou o grupo.

A licenza "Copileft" permite a libre copia, distribución e modificación recoñecendo a autoría e para uso non comercial, se se comparte na mesma licenza. A autoedición é posíbel e demostrao Skárnio. "O nosso caminho" pode atoparse en calquera dos centros sociais de Galiza e tamén en Cuntis, aínda que de momento sen centro social. Podes adquirilo ao prezo de oito euros encargándoo por correo, de palabra, por teléfono ou como prefirades...

Festa e reivindicación sempre sinalaron ao grupo vigués, que mantén na loita o eixo central de destes novos catorce temas. O disco conta colaboracións de luxo: Mini de A Quenlla, Senén de Xenreira, Juantxo de Skalariak, Almudena de Transilvanians ou as caboverdianas de Burela Batuko Tabanka.

Moi recomendábel!

Skárnio

Chuzame! chúzame -

Comments are closed.