Asoballad@s
Así foi coma nos fixeron sentir as Forzas de Seguridade do Estado (FSE) antes, durante e despois do partido da nosa selección nacional de fútbol sala o pasado venres no Ferrol. Á nosa chegada a Malata e a pregunta de "¿sois los del sur de Galicia?" tódolos compañeiros e compañeiras de Siareir@s Galeg@s que íamos presenzar o partido amigábel entre a Galiza e o Uruguai fomos conducidos/-as ate unha esquina da bancada do pavillón, sendo vixiados/-as e rodedados/-as polas FSE en todo momento. Alí sufrimos as provocacións e insultos destes individuos durante todo o encontro, a pesar do seu comportamento tódolos siareiros e siareiras adicámonos a animar o noso equipo nacional e celebrar o que era e foi para nós un día de festa e reivindicación. Ó remate do partido, no que Galiza gañou o Uruguai por 6-1, recrudeceuse o espectáculo esperpéntico das forzas da orde cunha carga inxustificada contra compañeiros e compañeiras de Siareir@s Galeg@s e outras persoas que acudiron o pavillón e sairon pola mesma porta ca nós. Trala indiscriminada actuación, na que houbo varias persoas contusionadas e un membro de Siareir@s Galeg@s identificado, as FSE decidiron por peche a sua demostración de brutalidade e marcharon logo doutra xornada de traballo o servizo de quen?, e nunha mostra mais de desprezo cara o pobo galego.

Preguntámonos onde están agora as palabras coa que tanto enchen a boca os políticos e as políticas nestes días de campaña, u-lo "estado de benestar" e de "cidadáns libres"?, u-los responsábeis políticos que dan ordes a estes individuos para que actuen así fronte a un colectivo que leva máis de dez anos loitando polos dereitos do noso pobo? Que teñen que decir a esto os organizadores deste encontro amigábel, mais concretamente a Consellaría de Cultura dende a sua Dirección Xeral de Deporte?
De seguro que nen un segundo dos seus actos políticos irá adicado a denunciar o ocorrido o venres na Malata, nen a traballar para que comece a trocar dunha vez por todas a realidade do noso país, para que non sigamos a ser tachados/-as de radicais as persoas que reivindicamos os dereitos do noso pobo, dende siareiros e siareiras que acuden a un partido da selección nacional ou estudantes da USC ate os mariñeiros da Ría da Coruña. De que lado están @s que din representar Galiza?

A pesar de todo o denunciado leváronse a cabo os actos previstos e organizados por Siareir@s Galeg@s. Ás 8 da tarde tivo lugar a mobilización nos Cantóns ferroláns en prol da Oficialidade na que nos demos cita siareiros e siareiras de todo o país. Durante o partido e como anteriormente citamos estivemos a carón do noso equipo nacional de fútbol sala, esixindo xogar partidos oficiais, e o remate do mesmo todos e cada un dos nosos xogadores achegáronse ate a nosa bancada para mostrar o seu agradecemento.
Logo do lamentábel espectáculo protagonizado polas FSE desprazámonos ate a Fundación Artabria para rematar a xornada asistindo a festa-concerto na que estiveron os rapaces de Arenga, promotedor grupo de Pontedeume, que coas suas cancións e versións de grupos coma Kortatu ou Banda Bassotti puxeron en pé a tódolos alí presentes. O DJ Sem Fronteiras Souns Sistem puxo o peche.
Queremos dende aquí mostrar a nosa solidariedade con tódalas persoas agredidas o remate do encontro e dicir ben alto e claro que por moito que moleste seguiremos loitando pola OFICIALIDADE!!!
Adiante Galiza!!!
chúzame -