Estamos Todas

Baixo este título e con motivo do día da muller traballadora (8 de marzo), varias asociacións da comarca, concretamente A Fervenza de Ouzande, Ken Keirades da Estrada, Coto-Manguelo de Orazo e mais nós, unímonos para organizar un acto este venres día 7 na Praza do Concello da Estrada a partir das 21 horas.

Este acto que pretende reivindicar os Dereitos da Muller, busca tamén que se traslade este sentimento e esta loita legal non só a unha data sinalada senón a todos os días do ano. De xeito simbólico elaborarase o "símbolo feminino" a través da colocación de flores por parte de todas as persoas asistentes e logo procederase á lectura dun manifesto asinado polos catro colectivos. Todo isto irá acompañado de música ao vivo que tamén será a encargada de pór peche ao acto.

Animámosvos a que sexades partícipes desta reivindicación e a que vos acheguedes cunha flor nas vosas mans!

Cartaz

Nota: onte informávamos aquí mesmo e nos carteis que anuncian este evento que a sua celebración sería o sábado 8 a partir das 20 horas, por motivos alleos os colectivos organizadores vémonos na obriga de cambiar tanto a data coma a hora da sua celebración pasando agora para o venres 7 a partir das 21 horas.

Chuzame! chúzame -

Comments are closed.