Pola Igualdade!!

Hoxe, día 7 de marzo, no CPI Don Aurelio de Cuntis, os participantes do concurso de fotografía promovido polo Concello de Cuntis en prol da Igualdade de Xénero, así como todos/as os/as alumnos/as, mestres/mestras do devandito colexio, puideron asistir á presentación visual de todas as imaxes presentadas.

entrga de premios

Aproveitouse a ocasión para que os premiados recollesen os seus respectivos agasallos. Na categoría de Asociacións, O Fervedoiro fíxose co premio. Velaquí a foto gañadora co seu respectivo texto explicativo (reivindicativo e emotivo) e que dende hoxe pende da fachada do Centro Sociocutural e Xuveníl "Patelas":

entre dous é máis sinxelo"Entre dous é máis sinxelo, en igualdade, respectuosos o un co outro, sen xefes. A suor escorre por entre os dedos de cadaquén con idénticos camiños; nun esforzo común, espremendo a substancia vital dos nosos días, para crear infíndos instantes de respecto, e de conseguir a equidade en paralelo, sen temor: este é o único xesto de amor".

Á parte disto, cómpre lembrar que hoxe, ás 9 do serán, na Praza do Concello da Estrada, terá lugar un acto simbólico e musical para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora. Organizan as asociacións Ken Keirades, A Fervenza, Coto-Manguelo e O Fervedoiro.

Fachada do Patelas

Animádevos a participar!!! Lembrade traer unha flor!!!

Chuzame! chúzame -

Comments are closed.