Hoxe e sempre

Unha data antes da celebración oficial do Día Internacinal da Muller Traballadora e por motivos alleos aos colectivos convocantes levouse a cabo o acto reivindicativo-simbólico en prol dos dereitos da muller impulsado dende as asociacións: Ken Keirades, A Fervenza, Coto Manguelo e O Fervedoiro. 

Lectura de manifestoÁs nove do serán e cunha boa presenza de público asistente dou comezo na praza do Concello da Estrada a lectura do manifesto asinado polos catro colectivos, foi lido por compañeiras de cada unha das asociacións, estando acompañadas da música dos/-as gaiteiros/-as de Ouzande. No manifesto fíxose fincapé nos datos que aínda falan de que a igualdade de xénero é un proceso que continúa en marcha e que para nada está executado na súa totalidade. Proceso no cal todos/-as os/-as cidadáns/-ás debemos pór o noso grao de area, recordando que cada día debemos continuar nesta loita e non só aquel que nos marca o calendario oficial.

Sâolo feminino

Logo procedeuse por parte de todas e cada unha das persoas asistentes á colocación de flores sobre o símbolo feminino que estaba representado no chan da praza estradense. Como peche a músicas das gaitas dos gaiteiros e gaiteiras de Ouzande entoou a "Antiga Marcha do Reino de Galiza".

Gaiteiros e gaiteiras de Ouzande

Chuzame! chúzame -

Comments are closed.