Na Nosa Lingua

Velaquí continuamos co proxecto de colaborar activamente no proceso de normalización lingüística do noso Concello. Desta volta, en irmandade co CPI Don Aurelio, organizamos un concurso de promoción do galego entre os máis novos. Destinado aos rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO, por medio de lemas e imaxes plásticas, intentarase divulgar a idea de que o galego é a esencia do noso, do propio e do que nos identifica como país, distinguíndonos -alén doutras múltiples representacións da nosa idiosincrasia- doutros territorios do Estado, ou ben, mellor dito, da Península.

Na Nosa Lingua

Entre as imaxes e lemas seleccionados editaranse uns marcapáxinas, uns autocolantes e, así mesmo, unhas camisolas, para que todos e todas nos poidamos fachendar de que nós si queremos á nosa lingua (porque a nosa lingua é nosa, e non de ninguén en particular).

Os/as premiados/as terán por agasallo cadanseu MP3 e o prazo de entrega, no devandito colexio, comeza agora mesmo, hoxe (día 24 de marzo) e rematará por estas mesmas datas o mes que vén (24 de abril).

Agradecemos a todo o equipo de normalización do CPI Don Aurelio a súa colaboración, así como aos/as mestres/mestras de plástica.

CÓMPRE PARTICIPAR, CÓMPRE ENCHER A TERRA DE LINGUA!!!

Chuzame! chuzame -

Comments are closed.