GaleguiZando

Un novo paso á fronte na defensa e posta en valor do noso idioma foi dado polo Fervedoiro logo de realizar o traballo de traducción que levamos acabo en colaboración co Xulgado de Paz de Cuntis.

Esta actividade enmárcase dentro do proceso de colaboración que estamos a pór en marcha con outras entidades e colectivos para avanzar na defensa dos nosos obxectivos. Un deses piares básicos dos nosos principios fundacionais é a defensa e posta en valor da nosa língua: o galego. Desta volta, o noso labor consistiu en traducir varios textos que son usados no día a día do traballo nos xulgados de paz. Os documentos que galeguizamos foron os seguintes: cédula de citación, notificación e emprazamento, requerimento, citación e notificación.

Durante o traballo de colaboración puidemos valorar a realidade existente, e coñecemos máis polo miudo estes pequenos recunchos da xustiza que a administración ten a disposición da cidadanía nun concello que coma o noso apenas sobrepasa os 5000 habitantes. O traballo desempeñado nestes xulgados é fundamental para o artellamento global das demais dependencias de Xustiza, as persoas encargadas destas tarefas endexamais foron valoradas por uns gobernos, no seu día o estatal e hoxe o autonómico, que antes de buscar xustificacións e solucións ao mal funcionamento da Xustiza noutras latitudes deberían revisar as condicións de traballo (se é que se lle pode chamar así) destes traballadores/-as que nin tan sequer son considerados como tal. É inexplicábel que en pleno Século XXI a Xunta de Galiza poida ter ao seu cargo a persoas nestas condicións, como poden esixir logo que as empresas cumpran cos dereitos dos traballadores se a mesma administración encargada de velar polo cumprimento da lei é incapaz de facelo? Ao igual que lle pedimos as administracións que empreguen e repecten o uso do galego, esiximos tamén que se comece a ter en conta o dereito que temos todas e todos a ter un emprego digno. Moitas veces os grandes problemas da organización na nosa sociedade atópanse sumerxidos en problemas cotiás de tan sinxela solución que cun mínimo de ética moral se poderían solventar sen ter que botar man de números, que etiquetan presupostos e mesmo persoas, que dependendo do seu tamaño fan que os problemas reais teñan máis ou menos importancia ou mesmo ningunha.

AcudeAlí, a sección do noso colectivo que traballa na defensa e posta en valor da nosa fala, continua co seu traballo neste senso, arestora estamos inmersos no concurso de lemas e debuxos para a promoción do galego entre os máis mozos do CPI don Aurelio, en colaboración co equipo de normalización lingüística do devandito centro de ensino.

Por unha vida GaleguiZada: Sempre en Galiza, Sempre en Galego!!!

Chuzame! chuzame -

Comments are closed.