Recuperando a memoria
A editorial Laiovento puxo a disposición do Fervedoiro medio cento de exemplares do libro "Xohán Xesús González: un precursor do soberanismo galego" que, recordamos, será presentado este domingo 27 de abril a partir das 8 do serán na biblioteca municipal cuntiense "Roberto Blanco Torres".
Todas aquelas persoas que desexedes ter nas vosas mans esta nova obra do noso compañeiro Héitor Picallo xa podedes facelo pedindoa a través do correo electrónico, enviando os vosos datos o noso enderezo (ofervedoiro@hotmail.com), ou ben poderedes facervos con ela no acto de presentación, onde será posta a venta xunto co diverso material do noso colectivo.
Dende aquí queremos agradecer á editora deste ensaio sobre a figura do noso veciño, por ternos en conta para a distribución desta obra, o que suporá que con cada exemplar que sexa adquirido se axude tamén á nosa asociación a seguir avanzando na dignificación da nosa terra. Exemplos como desta colaboración, producto da irmandade entre dúas pezas da engranaxe da conciencia galega, entendemos que pode servir coma un exemplo máis de cara ao indispensábel fortalecemento da base social do noso país para a consecución de afrentas comúns.
Animámosvos a todas e todos a asistir ao acto de presentación, desexamos seguir sentindo o respaldo desa ampla maioría do pobo cuntiense que coma noutras ocasións foi quen de apoiar as iniciativas do Fervedoiro para, entre un gran número de cousas, recuperar a memoria de Xohán Xesús, un dos moitos nomes que quixeron ser borrados da historia e que, coma sempre, só o pobo conservou.
chuzame -