Arquivo de xuño de 2008
Festidoiro O8´
mércores 18 2008Xa está pechado o cartel para o segundo aniversario do Fervedoiro, que desta volta levará o nome de: FESTIDOIRO 08. O esforzo deste ano centrouse en formar un cartel con grupos cen por cen en galego, grazas a iso contaremos coa presenza musical de Skárnio (ska - Vigo), Nao (metal hardcore- A Estrada), Motor Perkins (punkfolk - Lalín), Sem Resposta (hardcore - Vigo) e Sacaquedoe & Friend (sesión disco). A cita será o venres 22 de agosto na Feira da vila do Baño. (more...)
chúzame - Dereito a competir
luns 16 2008Foi a cidade de Ourense un balbordo de actividades a carón das I Xornadas lúdico-deportivas: teatro na rúa, charla-coloquio, xantar popular, torneo de fútbol praia, amigábel siareir@s-persoeir@s, música ao vivo... E todo xirando ao redor dunha única reivindicación popular: OFICIALIDADE! (more...)
chúzame - I Xornadas lúdico-deportivas
venres 13 2008Durante esta fin de semana a cidade de Ourense acollerá as Xornadas lúdico-festivas que organizan Siareir@s Galeg@s e A Esmorga. Hoxe venres será a presentación no Centro Social A Esmorga a partir das 20h, para o sábado está preparada unha programación do máis variada con actividades dende a mañá ate a noite. (more...)
chúzame -