I Xornadas lúdico-deportivas
Durante esta fin de semana a cidade de Ourense acollerá as Xornadas lúdico-festivas que organizan Siareir@s Galeg@s e A Esmorga. Hoxe venres será a presentación no Centro Social A Esmorga a partir das 20h, para o sábado está preparada unha programación do máis variada con actividades dende a mañá ate a noite.
Como é costume, @s Siareir@s Galeg@s da comarca de Cuntis estaremos presentes nunha nova xornada de festa e reivindicación coma tódas as argalladas dende o colectivo nacional que loita pola oficialidade das nosas seleccións.
De seguido reproducimos o programa de actividades para os días 13 e 14 de xuño:
DÍA 13:
- 20h: presentación oficial do programa de actividades das Xornadas 2008 no Centro Social A Esmorga.
- 20.30h: sorteo do torneo de fútbol praia no Centro Social A Esmorga.
Día 14:
- 10h: torneo de fútbol praia no paseo do Barmaña.
- 11h: ábrese o mercado nas inmediacións do pavillón municipal dos Remedios.
- 13h: sesión vermut amenizada por un grupo de gaiteiros.
- 14h: Xantar popular e ecolóxico. Haberá unha polveira e tamén a Comissom de Agroecologia d´A Esmorga fará diferentes comidas con productos ecolóxicos.
- 15.30h: teatro amador co grupo de teatro da Casa da Xuventude no xardín ao pé da capela dos Remedios.
- 16h: Xogos populares con Lito Prado e Verdegaia, tamén nos xardíns ao pé da capela dos Remedios.
- 16.30h: charla coloquio sobre a OFICIALIDADE no Ateneo.
- 18h: partido de fútbol Siareir@s-Persoaeir@s no campo de fútbol do pavillón dos Remedios.
- 20h: degustación de productos ecolóxicos nas pistas de patinaxe do pavillón dos Remedios.
- 21h: Teatro amador coas Esmorganas no escenario principal.
- 21.30h: Concerto:
GUEZOS
SUSPENDERS
ULTRAQANS
BETAGARRI
Velaí a programación que teñen preparada os/-as compañeiros/-as de Ourense, unha forte aperta a todas as persoas que están a traballar para que estas xornadas sexan unha nova mostra do compromiso social do noso pobo coa reivindicación dos dereitos que nos seguen a usurpar. Adiante Galiza!
chúzame -