SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Que queiran, que non…
Dec 17th, 2009 by ofervedoiro

Finamente, e como ben informando Siareir@s Galeg@s na sua web durante estes días, quedou pechada a ambiciosa xornada do vindeiro sábado 26 de decembro en Compostela deseñada polo colectivo nacional.

Selección nacional, dereito popular! 

Os actos quedan como segue:

  •  Manifestación; as 17 horas dende o paseo da Alameda. Percorrerá as rúas de Compostela baixo a lenda “Selección nacional: dereito popular!” e rematará no campo de Santa Isabel para asisitir ao encontro da selección galega fronte a un combinado internacional.
  • Encontro: as 19h. dará comezo o encontro da selección nacional (conformado por xogadores de diversas categorías) fronte a un combinado internacional. Depáranse importantes sorpresas no campo de Santa Isabel.
  • Concerto: para por o peche a este día de reivindicación na sala Capitol terá lugar o concerto de Machina, Mencer Vermelho e Habeas Corpus. As entradas para este evento son a 8 euros anticipadas (12 euros en taquilla) e xa están a venta nos seguintes establecementos: Compostela: Gong e Gentalha; Vigo: Tipo e Revolta; Corunha: Portobello; Trasancos: Artabria; Pontevedra: Tipo; Ourense: Esmorga. *Nós tamén teremos estas entradas por anticipado, asique xa podedes ir reservando xunto co cartón de SS.GG.

 É mais importante ca nunca a información “boca a boca” para que a nosa resposta sexa do tamaño da importancia que require esta reivindación. Por iso vos pedimos que botedes unha man, para que esta información chegue alí onde non poidan facelo os nosos altofalantes.

Asamblea aberta SS.GG O vindeiro martes, 22 de decembro, ás 21h. na biblioteca municipal “Roberto Blanco Torres” de Cuntis terá lugar unha asamblea de carácter aberto na que, ademáis de entregar os cartóns e entradas anticipadas para o concerto a tod@s aqueles/-as que estades a reservar, aproveitaremos para facer partícipe deste movimento a aquelas persoas que queiran entrar a colaborar. Esto non quere decir que o noso colectivo abandoe esta loita pola reivindicación da oficialidade, á que nos ligamos en xullo do 2006, porén o que se pretende é dar paso a creación dunha asamblea comarcal de SS.GG. na que teña cabida toda aquela xente comprometida con esta causa e que queira botar unha man neste eido.

 Vendo a resposta que está obter esta nova xornada organizada por SS.GG., xa estamos ao redor das cincuenta persoas que se desprazarán dende estas terras, estase valorando a posibilidade de poñer un autobús para desprazármonos até a capital da Galiza. Na asamblea da vindeira semana valoraremos entre tod@s esta posibilidade ademáis doutros aspectos.  

 Poderedes seguir facendo as vosas reservas (cartóns de SS.GG. e entradas anticipadas po concerto) no enderezo do noso colectivo: ofervedoiro@hotmail.com ou ben no seguinte número de teléfono: 678.187.973.

Acude, difunde e participa!

 Que queiran, que non… a nosa forza seguirá acompañando á selección nacional!

Se eles non o fan o pobo farao
Dec 11th, 2009 by ofervedoiro

Achégase o nadal, e nestes últimos anos estamos acostumados a que veña na compaña da cita ineludíbel coa loita pola oficialidade, emprendida dende fai máis dunha década por SS.GG., e que ten o seu punto álxido cada ano ao redor dos compromisos amigábeis da selección nacional.

Avante Galiza 

Apareceu o actual goberno galego coa súa negativa, outra máis que se suma as políticas antigalegas que deu por infrinxir ao noso pobo, queréndonos pribar así do desfrute da nosa selección. Alegando motivos económicos entre “outros”.Resulta “curioso” que estes/as mesmos/as dirixentes son os que non puxeron reparos, máis ben todo o contrario, para traer á Coruña aló polo mes de setembro pasado a selección española de fútbol tendo que encher o estadio con seareiros achegados dende outras latitudes do estado. E todo esto contando, como non, coa inestimábel colaboración de todo o “aparato propagandístico”.

Dereito a decidir- dereito a competir “Se eles non o fan o pobo farao “ , e vai ser así como Siareir@s Galeg@s continuará coas suas arengas. Grazas a todas as persoas que están a traballar a día de hoxe dende o colectivo nacional o día grande pola OFICIALIDADE vai ter lugar un ano máis. Desta volta e ao igual que no reestreo da Irmandiña será Compostela a cidade que o acolla. A data, sábado 26 de decembro, é polo momento o que podemos adiantar con seguranza a espera de que nos vindeiros días se vaian confirmando os diferentes actos que con gran esforzo se están a preparar (manifestación, encontro, concertos…).

É preciso agora máis ca nunca reafirmar a resposta que foi medrando dende a nosa comarca, con números abraiantes, a pesar dos atrancos que adoitaron, e adoitan, aparecer no noso camiño (…o noso destino!).  

Por outra banda informámosvos de que xa temos a venda os cartóns oficiais de SS.GG. para este ano ao prezo de 5 euros e co agasallo, para os cincocentos primeiros, dunha camisola do colectivo nacional. Poderédelo conseguir poñéndovos en contacto con nós a través do noso correo: ofervedoiro@hotmail.com ; ou ben falando con aquelas persoas que sabedes que levamos traballando na vosa comarca estes últimos anos.

 

Adiante Galiza!!!

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa