SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Ordes recorda a Xohán Xesús
Xan 19th, 2010 by ofervedoiro

Panel que abre a exposición sobre Xohán XesúsSerá en Ordes, este venres vindeiro, a iso das 20:00h, no IES nº 1, cando se inaugure, da man da Associaçom Foucelhas desa localidade, a mostra biográfica sobre Xohán Xesús González, elaborada polo Fervedoiro e que xa leva varios meses discorrendo por varios lugares do país. Arroupados polo devandito colectivo, O Fervedoiro participará nunha palestra que versará sobre a figura do canteiro e político cuntiense fusilado polos fascistas en setembro de 1936.

Desta volta, e como xa aconteceu en Cuntis, Compostela e Teo, Xohán Xesús reencontrarase con aqueles lugares polos que deambulou coa súa palabra viva e activa, chea de compromiso patrio e de loita polos dereitos dos/as traballadores/ras galegos/as. A súa maceta e o seu cicel resoarán por aquelas xeografías e falarase de memoria, de consciencia de nación, de represaliados daquelas e doutras terras, e de barbarie para atoparmos na palabra a paz que lle foi furtada a moitas familias, e por extensión a todo o noso país.

Dende Foucelhas xa levan tempo a realizar un encomiábel labor de recuperación da Memoria Histórica, incluso están a elaborar un censo de represaliados das terras de Ordes, para así recuperaren e recuperarmos liberdade e democracia. Velaí tamén outro testemuño de liberdade no propio nome deste colectivo, Benigno Andrade García “Foucellas” (Ordes, 22 de outubro de 1908 – por Garrote Vil na Coruña 26 de xuño de 1952).Dende O Fervedoiro e da man dos amigos de Ordes recordaremos a Asunción Concheiro Iglesias, O Foucellas, a Xohán Xesús (Cequeril 1895, Tapias de Boisaca 1936), Francisco Comesaña Rendo, Manuel Sousa Hermida… Porque recordalos, e telos con nós, aos que loitaron pola democracia, dende a República ou a clandestinidade, é facermos memoria, e entregarlles vida, e recuperarlle parte da súa dignidade lixada polos innomeábeis golpistas, terroristas da democracia e da cultura, das identidades e diversidades, da liberdade de expresión e dos dereitos fundamentais do ser humano, así como por extensión dos pobos (nacións).

Xornada 26-D
Xan 18th, 2010 by ofervedoiro

A xornada do 26 de decembro foi unha mostra máis da forte resposta popular aos continuos ataques que sofre o noso pobo. Sen apoio institucional e propagandístico co que si contan os actos do réxime (véxase por exemplo o acto deportivo-publicitario que hai uns días trouxo a un nadador español a percorrer un tramo das augas do Ulla e de paso seguir engrosando a conta corrente da axencia publicitaria que opera para a Xunta dende a Meseta)  centos de siareir@s participaron nas actividades que SS.GG. organizou o 26-D en Compostela.

Manifestación nacional

 As rúas, as bancadas e os concertos víronse asolagados, unha outra vez, por unha maré de diginidade que non está disposta a ceder a pesar das múltiples presións as que estamos sendo expostos. Como mostra a insultante presenza policial ao longo do percorrido da manifestación nacional e os apupos que lles ofrecen a prensa amiga e servil.

A xornada deu comezou xa na tarde, cunha concorrida manifestación que baixo o lema “Selecçom nacional: Direito popular!” percorreu as rúas de Compostela. Proclamas como “Somos nación, queremos selección”, “Galegos somos, galegos seremos, por españois nunca pasaremos” acompañaron o ambiente festeiro e reivindicativo de partida até as inmediacións do Estadio de Santa Isabel.

Selección nacionalUnha vez dentro, a xogadora do Español e capitá da selección feminina nos anteriores encontros da Irmandiña, Verónica Boquete, leu un manifesto na defensa do combinado nacional e en reivindicación do deporte feminino. “Temos que visibilizar o papel de Galiza e o papel das mulleres no deporte”, dixo entre os interminábeis aplausos dos afeccionados.

A seguir, Antón Reixa foi o encargado de ler un segundo manifesto, o que acabou por afoutar ás bancadas. Apelando á forza do pobo galego, pediu “vontade firme” para superar uns tempos que se anticipan como a “travesía polo deserto que resultou ser o fraguismo”. “Estamos seguros de que o traballo de siareiros, deportistas, artistas e cidadanía toda servirán para demostrar a forza do noso pobo” e “enfrontarnos ao centralismo español máis rancio”, berrou. “Somos nación e temos dereito a selección”, concluíu.

A partir deste momento, iniciouse o partido. O ciclista David Blanco, varias veces campión da Volta a Portugal, foi o encargado de realizar o saque de honra, xunto cun representante da Liga Nacional de Billarda.

A Irmandiña aliñou a un equipo mixto, que estivo composto por Adrian Padrón e Daniel Portela (Ourense); Rubén Márquez, Alberto Domínguez, Alberto Mariño, Anxo Liñares e Óscar Seoane “Jimy” (Compostela); Quico (Arousa); Manu Rodríguez (Vilalonga); Rubén Pisto e Valentín (Verín); Óscar Comís (Coruxo); Daniel Conde, Xurxo Colón, Nacho Fernández e Marcos Martínez Munín (Negreira);Carolina Baños Ameneiro, Mónica Naval Cortés, Mirian Domínguez Marcos (Arousá); Barca Toba Suarez (Orzán); Sheila e Andrea Carid (Pontevedra).

Os adestradores nacionais foron Fernando Vázquez e Pilar Neira, quen fora seleccionadora feminina nos últimos anos. O encontro ofreceu goles xa nos primeiros minutos de xogo e os futbolistas foron para o descanso cun 5 a 0 no marcador. Malia que o combinado estranxeiro contou con algunha ocasión na portería galega, en ningún momento houbo serio risco de que a pelota entrase nas mallas. Pola contra, o xogo disputouse sempre en campo contrario e os galegos gozaron de innumerábeis ocasións.

O escenario foi semellante na segunda parte, cando a Irmandiña foi quen de marcar outros catro goles máis para divertimento dunha bancada que xa estaba desbocada. Ao berro de “Galiza Nación, Galiza Selección” apoiaron o equipo até o remate do encontro. Ao final, os seareiros agradeceron a entrega de xogadores, adestradores e organización e os futbolistas marcharon coa satisfacción de xogar un bo encontro no que, con todo, o fútbol volveu ser o de menos.

Habeas Corpus ao vivoXa para a noite estaba reservado o tempo para música dos Mencer Vermelho, Machina e Habeas Corpus que foron os encargados de poñer o peche a unha outra xornada de afianzamento dos nosos valores como pobo, que a pesar dos continuos atrancos non son quen de parar porque que queiran que non, xa temos selección!!!

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa