SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Continúa o camiño
Feb 1st, 2010 by ofervedoiro

na palestra en OrdesFoi o outro un día moi interesante, en Ordes, no IES nº 1 desa localidade coruñesa, até onde se trasladou a exposición que o noso colectivo realizou sobre Xohán Xesús González. E foi desta volta a asociaçom Foucelhas a anfitriona que, en compaña de varios profesores e profesoras do instituto, abriron palestra entre eles e membros do Fervedoiro. Tratouse sobre agrarismos, sobre a xeración Nós e as Irmandades da Fala, deixáronse escorregar certas críticas sobre a actual situación á que os nosos gobernantes levan a lingua galega: evidentemente polos carreiros da extinción, se non se lle pon freo a esa bóla de lume, destrutiva e aniquiladora.
Porque, máis ca nunca, Xohán Xesús sigue de actualidade, polo seu pensamento, pola súa loita a prol dos dereitos dos traballadores/as, pola súa ferrea defensa do idioma galego…
Tratouse sobre galeguismo, e tamén sobre aspectos literarios, formulando os asistentes preguntas moi atinadas e meditadas, porque por Ordes tamén se vive en galego e o noso país ocupa o centro do universo cultural. As inquedanzas foron moitas e do que estamos seguros é que Foucellas e Fervedoiros habemos coincidir de novo para seguir intercambiando opinións, para crear debate e, sobre todo, construirmos nación (á que se nos está a furtar dende as graneiras do Hórreo).
Agradecid@s 
»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa