SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Na Nosa Língua
Abr 15th, 2010 by ofervedoiro

En colaboración co Equipo de Normalización Lingüística do C.P.I. Don Aurelio Marcelino Rey e de Edicións Fervenza, vimos de convocar o II Concurso Na Nosa Lingua, que ten por obxecto principal “potenciar o uso do idioma galego entre os máis mozos e colaborar, así mesmo, no proceso de normalización lingüística do noso país”.

Cartaz concurso Na Nosa Língua

Poderán participar todos/as os/as alumnos/as do devandito centro de ensino de 1º a 4º da ESO, podendo entregar cada participante un ou varios debuxos acompañado/s dunha frase, expresión ou palabra que os identifiquen como galegos e que sirva de “estímulo, por ende, para usarmos o noso idioma con orgullo”. As obras deberán ser orixinais, mais non poderán estar, elaboradas, retocadas ou modificadas por medio de métodos informáticos. O prazo de entrega dos mesmos remata o 30 de abril, e serán as obras escollidas como premiadas. Á parte dun MP4, memorias USB e varios CDs de música galega (feita en galego) agasallarase a cada gañador con varios libros, gratitude de Edicións Fervenza. Alén disto, coas imaxes seleccionadas, e como se fixera na primeira convocatoria deste premio, editaranse marcapáxinas (que serán entregados ás/aos alumnas/os do C.P.I. Don Aurelio) e, coa imaxe do primeiro premio faranse varias reproducións do mesmo, que han ser colocadas por todo o municipio (Casa da Cultura, OMIX, Casa do Concello…).

Mil primaveras máis para a Lingua Galega!!

Asamblea comarcal
Abr 5th, 2010 by ofervedoiro

Cartaz asamblea comarcalVen de convocarse unha asamblea comarcal aberta para este vindeiro sábado, 10 de abril, a partir das 17h. no C.S. Setestrelo (A Estrada, rúa Pérez Viondi nº 9). Téntase así seguir afondando na loita pola OFICIALIDADE coa teima de preparar unha xornada de SS.GG. nas nosas terras a base, coma sempre, de esforzo e compromiso.

De aí que a asamblea comarcal Umia-Tabeirós procure apoios naquelas persoas que se senten identificadas neste senso, e que amosaron ser moitas nestes últimos anos. A tódalas chamadas que se fixeron dende o colectivo nacional a resposta foi sempre incuestionábel e exemplar, e agora é tempo para poñer unha pedra máis no camiño deste reto.

O chamamento vai tanto para individuos coma colectivos que queiran botar unha man, para que entre tod@s ,e baixo a mesma bandeira, sigamos a berrar ben forte as nosas arengas en prol dunha Galiza liberada de imbéciles e escuros.

O pobo fara-o!!!

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa