SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Algo máis ca un encontro
Dec 23rd, 2010 by ofervedoiro

De novo o nadal trae consigo o compromiso máis visíbel d@s siareir@s deste país coa loita pola OFICIALIDADE. Desta volta a cidade das burgas, Ourense, será o lugar de reencontro ca Irmandiña.

Ao igual que o pasado ano, e dende que o PPdG voltou ao goberno da Xunta de Galiza, o apoio institucional desapareceu por compreto como tamén ocorre en todo aquelo onde o noso pobo se identifica a través do deporte co que somos: unha nación. Coma exemplo máis recente está o desmantelamento do equipo profesional ciclista galego. Os actuais gobernantes non poñen trabas, eso sí, a hora de fomentar o deporte dende o seu prisma ideolóxico, ou o David Meca é da Terra Cha? ben, poida que sexan o Casillas e o Iniesta da comarca do Salnés…

Por iso SS.GG. víuse na obriga de traballar arreo, a pesar das trabas que foron e siguen a ser moitas, para sacar adiante unha xornada máis de compromiso e grazas a iso voltaremos ter a nosa selección sobre o terreo de xogo máis unha vez. Porén vai máis alá da reivindicación da Oficilidade pois o encontro vaise disputar cun pobo irmán coma é o palestino.

Dende a nosa comarca desprazaranse, coma ven sendo habitual, un bo número de persoas e animamos dende eiquí a que se unan moitas máis nos días que restan para a xornada. Coma sempre o cartón que da dereito a presenzar o encontro custa 5 euros e a entrada aos concertos, que terán lugar despois, tamén teñen o mesmo prezo.

Xa dende a mañá Ourense quencerá motores co aberto de Billarda (12h.) na praza da Magdalena. As 16h. sairá a manifestación dende a praza Maior para logo ir presenzar o encontro no campo dos Remedios as 17.30h. A partir das 20.30h darán comezo os concertos na praza da Magdalena cos grupos galegos: Royalties, Som do Galpom e Keltoi.O 26 de nadal estaremos en Ourense para berrar ben alto e claro:

DEREITO A DECIDIR!

DEREITO A COMPETIR!

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa