SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Custodia fluvial
Mar 28th, 2011 by ofervedoiro

Adega-Proxecto Rios presentará este vindeiro xoves, 31 de marzo a partir das 19.45 horas, na Casa do Médico da vila do Baño o proxecto de creación dunha rede de custodia fluvial nas cuncas, de entre outros, o río Umia. O proxecto pretende involucrar as/-os veciños/-as así como tamén aos diferentes colectivos sociais que actuan no territorio (asociacións culturais, comunidades de montes, centros de ensino…)

Tal e como explican dende a súa páxina a finalidade prinicipalé dar a coñecer o papel fundamental das problemáticas ambientais asociadas, fomentar prácticas e comportamentos que permitan aos cidadáns o mantenemento e mellora dos cursos fluviais mediante accións que faciliten a súa participación, como é a Custodia do Territorio.”

cartaz custodía fluvial

 O proxecto desenvolverase en catro fases, nas duas primeiras fomentarase a creación das redes de custodia fluvial, na terceira estableceranse os protocolos de actuación e desenvolveranse accións co fin de protexer e por en valor o patrimonio fluvial e xa na última deseñarase unha campaña divulgativa sobre os valores naturais e culturais como tamén das accións a desenvolver.

 O noso colectivo xa leva anos colaborando con Adega-Proxecto Ríos ben a través de denuncias conxuntas como tamén nos encontros de voluntariado ou na limpeza anual dun tramo do río Gallo. Dende aquí enviámoslle os nosos parabéns pola iniciativa e trataremos de botar unha man no que nos sexa posíbel.

Adiante coa defensa da natureza!

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa