SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
II Rúa de Cuntis
Mai 28th, 2012 by ofervedoiro

 O vindeiro venres 8 de xuño ás 22h a Praza das Árbores de Cuntis, onde a Biblioteca Municipal “Roberto Blanco Torres” (antigo Hospitalillo), voltará ser o esceario sobre o cal seguiremos a recuperar o espírito de tantas rúas e ruadas que nos vellos tempos se fixeron aquí e acolá.

Continuamos a traer o son e baile tradicional a vila do Baño con este proxecto que deu comezo o pasado ano, cumprindo así a súa segunda edición, baixo a denominación de orixe Rúa de Cuntis.    

Convidados e convidadas quedades aqueles músicos, bailadoras, gaiteiros, pandereteiras e todo aquel que teña a ben acompañarnos nesta festa, na que non han faltar petiscos de balde para acompañar a ruada.

Bótalle un agharradiño!

Búscase Coroceir@ Nacional
Mai 24th, 2012 by ofervedoiro

Será este vindeiro domingo, 27 de maio, cando a gran serpe multicolor da Liga Nacional de Billarda invada de novo o xa mítico estadio de terra de Conxo para desputar as finais nacionais desta tempada que remata, nunha impactante e alebrestrada cerimonia de indixenismo galaico.
http://youtu.be/VRKfpFGPFq8
Pola nosa banda podemos ir adiantando que estamos a traballar para que os disparos a discreción dos palanadores e palanadoras volten a Cuntis e celebrar así o II Aberto de Billarda, que este ano trasladaremos o mes de setembro.

Adiante co varal!

Billarda sempre!

Mil primaveras máis
Mai 17th, 2012 by ofervedoiro

Un paseo pola Literatura Galega: entre as follas dos libros vellos
Mai 14th, 2012 by ofervedoiro

Dende a Asociación O Fervedoiro vimos de organizar unha exposición no CPI Don Aurelio Marcelino Rey. Este centro de ensino cuntiense contará con esta mostra de litaratura galega (fundamentalmente), dende o 10 deste mes e até o 31, co gallo do mes das Letras Galegas, que este ano se lle dedica ao literato, empresario e galeguista Valentín Paz Andrade. É por iso que gustamos de titular esta exposición co nome de “Un paseo pola literatura galega: entre as follas dos libros vellos”.

Así e todo tamén se decidiu pór un par de obras que están fóra do contexto lingüístico galego: un pequeno dicionario vasco de 1876 e un libro de historia de Ciriaco Pérez Bustamante, profesor de Xohán Xesús González na Universidade de Compostela. Dentro do ámbito galego poderanse ver dous dos dicionarios máis antigos do noso idioma o Cuveiro Piñol (1876) e o Marcial Valladares (1884). Tamén están presentes a primeira e segunda edición dos dicionarios da Editorial Lar (dirixida por Leandro Carré Alvarellos), a Gramática de Lugrís Freire (1931), Boletíns da Real Academia Galega, obras da Editorial Niké (que dirixiu en Compostela o cuntiense Xohán Xesús González, xunto con Arturo Cuadrado), pequenas obriñas da editorial Lar, outras de Nós, publicacións do Seminario de Estudos Galegos, unha das últimas obras de teatro publicadas antes do Golpe Militar do 36 –Agromar (de Filgueira Valverde),…

Tamén se poden ver no CPI cuntiense obras de Ramón Cabanillas, primeiras edicións de Castelao e Otero Pedrayo, Murguía, Alfredo Brañas,… ensaios de Xohán Xesús González e do escritor –tamén cuntiense- Sayáns Ocampo. Son 60 anos de Historia da Literatura Galega onde se poden ver pezas dramáticas, poesía, novela, ensaio, contos,…

Alén disto, e no contexto da liberdade de expresión, gustamos de pór unha peza da escritora galega María Xosé Queizán, datada en 1965 e publicada por Galaxia e que foi censurada polo Ministerio de Información e Turismo do réxime, nese tempo presidido por Fraga Iribarne. Por xogarmos cos símbolos, colocamos esta obra dentro dunha urna de votar, rodeámola de cadeas e amarrámoslle un candado: porque a palabra debe ser libre, debemos facer uso da liberdade de expresión, exercer o dereito a falar, a opinar, a manifestarnos e reunírmonos, hoxe por hoxe aspecto que parecen retroceder no tempo cara a instantes onde non había luz, só sombras, brétemas e medo.

Resistencia ao encoro do Umia. A razón como defensa
Mai 7th, 2012 by ofervedoiro

Xa está na rede o documental completo “Resistencia ao encoro do Umia. A razón como defensa” que foi presentado polos seus autores, Santi Martínez e César Caramés, o pasado 6 de febreiro no lar do Fervedoiro.

Amor ao noso é o que precisamos para ser máis do que estamos sendo” Xohán Xesús González.

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa