SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Pensa globalmente, actúa localmente
Set 29th, 2012 by ofervedoiro

V Limpeza do Gallo
Set 26th, 2012 by ofervedoiro

Volvemos a mollarnos polos ríos, poñemos as botas e pretendemos deixalos libres do lixo que segue a aparecer nas nosas ribeiras e ríos. Queremos uns ríos limpos, queremos poder disfrutar dos nosos sistemas fluviais e queremos concienciar á sociedade da necesidade de que estes estén ben conservados“. É así como se define esta quinta edición da Limpeza simultánea de Rios, impulsada dende o Proxecto Ríos, na que o noso colectivo será de novo parte integrante.

Un ano máis mergullámonos no Gallo. Desta volta, o noso punto de encontro será na rúa Bernardo Sagasta, a carón da Ponte, ás 9 horas deste vindeiro domingo 30 de setembro, data fixada para facela ao mesmo tempo en toda Galiza. Dende alí partiremos río abaixo dirección Meira.

Se queres participar só tes que enviarnos os teus datos (nome, apelidos e nº de dni) ao noso enderezo electrónico:
ofervedoiro@hotmail.com

Ponte as botas… e móllate polo Gallo!!!
Crónica dunha tarde de billarda
Set 24th, 2012 by ofervedoiro

Hai contra certas cousas que non podemos combater, fixemos o posíbel por devolver ao estado que merece a área dos Albariños, porén atopábamonos agora cun inimigo maior ca o desleixo dos/-as que ocupan o poder;  ese era a previsión meteorolóxica. Cecáis o único atranco que podía dobregarnos na teima por continuar a mergullar á nosa comarca no incríbel universo do varal, máis unha vez. E a dous días da celebración do II Aberto de Cuntis a ameaza de choiva era altamente probábel.

Por sorte as condicións climatolóxicas do sábado aliánbanse co Fervedoiro e daban vía libre para pór en marcha unha completa xornada de varal e confraternidade no que volta ser, por iniciativa popular, área recreativa dos Albariños libre de toxos e fento.

Máis de cen persoas, dende cativos a maiores, participaron ao longo do día nos diversos actos programados; partido amigábel de fútbol sala, xogos tradicionais, foliada, xantar popular e por suposto billarda. Desta volta conseguimos reunir a 55 palanadores e palanadoras no verde dos Albariños, case duplicamos a cifra do ano pasado, que durante máis de tres horas desputaron un Aberto moi competido que terminou levando Luis Camiña na gran final. Despois da protocolaria entrega do agasallo ao campión aínda tivemos tempo de botar máis bailes antes de que caese o sol. Por falta de lús eléctrica nas farolas alí instaladas houbo que ir coa música a outra parte, xa nada nos sorprende na xestión deste concello logo de ver o estado no que se atopaba esta área días atrás.

A conexión O Fervedoiro – LNB camiña con paso firme consolidando o Aberto de Cuntis como cita ineludíbel para os amantes deste xogo e, xa de paso, meténdolle a cada vez máis xente o vicio billardeiro no corpo. É doado colaborar coa tropa do Varal, e que perdure no tempo esta irmandade, grazas a paixón compartida por recuperar e poñer en valor o que é noso, nesa teima por achegar un grao de area máis na difícil tarefa de facer país nesta terra con tan pouco amor propio e na terna loita por rematar convertendo os anceios en realidades e as ideas en feitos.

 Billarda sempre!

AGRADECEMENTOS: Grazas mil aos Cangrexeiros de Taragoña por ofrecernos de balde a música que levan dentro, só a cambio de acompañalos no baile, coma nos vellos tempos! A ENE-A Fotógrafos polos servizos prestados, a todas as persoas que a título indiviual nos botaron unha man, as que quixeron estar canda nós neste día, a xente do Festival Antros Pinos, a do movimento billardeiro que se achegaron dende diversas latitudes do país e, como non, aos veciños e veciñas de Guimarei por toda a axuda que nos ofreceron ao longo de toda a semana.

Avante co varal!
Set 21st, 2012 by ofervedoiro

A choiva non nos vai acompañar mañá según a información que nos ofreceu Meteogalicia. Todo segue o rumbo fixado! Vémonos en Albariños!

3,2,1…
Set 20th, 2012 by ofervedoiro

Folla de ruta
Set 19th, 2012 by ofervedoiro

Aquí vos deixamos un mapa para facilitarvos a localización da Área dos Albariños. Nel sinálase unha das ruta que se pode percorrer  dende o centro da vila do Baño dirección A Estrada, pola N-640. A menos de 3 Kms atópase o desvio cara a aldea de Guimarei, onde está a área recretiva. De todos xeitos, sinalizaremos a entrada do desvio da N-640 e na propia aldea para que sexa máis doado seguir a folla de ruta.

Vémonos no campo de batalla, prepárate pra acción! Avante co Varal!

Esta mesma mañá varias operarias do concello remataban de limpar a Área recreativa dos Albariños, que en gran parte xa deixamos lista o pasado sábado. É como funcionan as cousas, máis dun ano agardando para acondicionar esta zona e temos que poñernos nós mans a obra, aproveitando para facer denuncia pública e acadar deste xeito que dende o goberno local teñan coñecemento da realidade desta zona. Asi de lamentábel…

Os Albariños volven á vida
Set 17th, 2012 by ofervedoiro

O que nos atopamos este pasado sábado nos Albariños foi unha imaxe de total abandono. En calquer outro lugar, unha área coma esta, sábena coidar converténdoa en verdadeiro centro neurálxico para uso e desfrute da cidadanía. Mantela así durante toda a tempada estival, que está a piques de rematar, fala ben as claras do interese que se presta dende o concello de Cuntis por manter vivo un espazo común coma este.

Abraiados ante o que estabamos a presenzar preguntámonos se dende o goberno local teñen coñecemento da existencia desta zona. Parece ser que sí, pois varios veciños e veciñas sinaláronnos que xa están cansos de avisar para que se realicen as labores de limpeza e recuperación precisas.

O outrora verde dos Albariños tornouse nun espazo onde agora abunda o toxo e a herba ben alta, tanto que dende o camiño era compricado visualizar o muiño que hai a carón do río. Ao igual que calquer zona abandoada que se prece, nos Albariños, tamén había unha boa dose de lixo, unha arqueta rota e varias chaves da auga esnaquizadas.

Agardar a que dende o concello deixen esta área recreativa en bo estado para o vindeiro sábado é unha utopía, pois tiveron máis dun ano para facelo. Polo que  decidimos armarnos de desbrozadoras, angazos e demáis utensilios propios para unha xornada de traballo deste tipo e recuperar coas nosas propias mans este espazo de lecer.

 (preme aquí para ver máis imaxes)

Aínda queda traballo por facer, porén os Albariños voltará ser o eixo central do Aberto de Billarda de Cuntis. Namentres, dende a autoxestión combateremos o desleixo dos que nos “gobernan”.

II Aberto de Billarda
Set 12th, 2012 by ofervedoiro

Tras o bo sabor que nos deixou a primeira experiencia billardeira sumado á predisposición da LNB por voltar a estas terras, non queda outra que centrar todos os nosos esforzos en organizar o II Aberto de Cuntis.

 Volve así a acción ao verde dos Albariños. Alí, o sábado 22 asubiarán de novo as billardas a carón do Gallo, grazas aos disparos a discreción de palanadores e palanadoras que loitarán por se facer un oco e escribir o seu nome na historia do universo do panal.

A serpe multicolor da LNB fai así a súa cabotaxe nas terras de Cuntis, no mes en que dá comezo a competición oficial en todo o país.  A mellor liga  regular de Billarda do mundo vai facendo camiño e espallándose con pasos de xigante. Coas suas billardas continuarán a rachar, máis unha vez, o aramio de espiños que o poder político e a inxuria deportiva tece sobre os deportistas galegos de seu.

Velaquí vos deixamos o programa de actividades que se han desenvolver ao longo desta xeira lúdica:

  • 12 horas; partido amigábel entre asociacións da comarca no pavillón municipal da vila do Baño.
  • 12.30 horas; xogos tradicionais nos Albariños. Haberá ao longo de todo o día para desfrute de cativos e maiores.
  • 14.30 horas; xantar popular. Prezo: 12 euros, para facer a túa reserva ponte en contacto a través do correo ofervedoiro@hotmail.com. O prazo remata o xoves 20.
  • 16.30 horas; comezo do II Aberto de Billarda de Cuntis.
  • Dende o mediodía, e tamén para pór o peche a xornada, contaremos coa música dos “Cangrexeiros de Taragoña
Billarda sempre! … é un xogo si, mais tamén un amor alebrestrado!!
Avante co varal
Set 3rd, 2012 by ofervedoiro

Os ingredientes estanse a escoller con xeito, do bo o mellor, para poder ofrecervos por segundo ano consecutivo o Aberto de Billarda de Cuntis.

Contamos telo ben condimentado nas vindeiras datas, listo para ir metendo no forno e que poida chegar así no mellor punto de cocción ao sábado 22 de setembro para ser degustado entre tod@s na Área dos Albariños.

Ide facendo un oco na vosa apretada axenda festivo-culinaria, nós seguiremos informando puntualmente dos pasos que iremos dando para obter a mellor versión da receita fervedoiro-billardeira (especialidade da casa).

http://youtu.be/sZXmYgZjj1A

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa