SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Un berro de rebeldía!
Out 30th, 2012 by ofervedoiro

Setembro de 2012, ante o abandono da área dos Albariños por parte do goberno local, decidimos tomar medidas. Auto-organización fronte a ausencia institucional, acción popular fronte a incapacidade gobernante. Restauramos un espazo de tod@s onde volveu zoar o varal e mais a pincha. Contra a corrente imposta que nos illa e nos uniformiza, recuperamos os lazos que nos unen como comunidade.

http://youtu.be/u3L-45CsaU0

As augas son de todas/os, e os rios, e as fontes,…e a sociedade correspóndelle conservalos
Out 1st, 2012 by ofervedoiro

Foi o último día do mes de setembro, e dentro do marco da V Limpeza Simultánea dos Ríos Galegos, promovida dende o Proxecto Ríos (da Asociación Ecoloxista ADEGA), cando O Fervedoiro, unha outra vez volve a se pór as botas para se mollar polos ríos galegos e, particularmente, por aquel que pasa pola vila do Baño, o río Gallo.

Dende este colectivo, dez voluntarios/as xuntáronse xunto á pasarela de madeira existente no centro do núcleo urbano a iso das 9 da mañá para comezar unha mañá de traballo, compromiso e defensa do medio ambiente. Como é coñecido, non é a primeira vez que nos involucramos neste proxecto, posto que dende O Fervedoiro sempre fomos moi activos na defensa das nosas augas, denunciando acotío os vertidos que acontecían –e acontecen- no Gallo, así como tamén colaborar na conservación dos ecosistemas e medio ambiente fluvial ou forestal.

Dende a cerna urbana dirixímonos río abaixo, unha distancia aproximada de medio quilómetro e aínda que non se sacaron tantos residuos como noutras ocasións, ben é certo que este tramo xa fora cribado hai tres anos. Sería algo máis de 200 kg de lixo inorgánico os retirados do cauce, entre o que se atopaban: carretillas, un asento de automóbil, tambores de lavadoras, xoguetes, as estruturas metálicas de colchóns, anticonceptivos, latas, envases, ferros, plásticos, tubaxes plásticas e, incluso, cintas protectoras de obras.

Ao mesmo tempo, púidose comprobar como –aínda hoxe– no lugar da Ponte e na contorna das piscinas existe gran concentración de escuma en suspensión nas augas, de procedencia posibelmente do uso de deterxentes, aceites e canalizacións que –outra volta– continúan a vomitar restos pouco agradábeis para a vista pero, tamén, para o medio natural.

A iso das 13:00 h. un grupo de voluntarios continuou río arriba cara á zona do parque do Castro, recollendo por esa zona algo así como 50 kg máis de residuos.

Cómpre continuarmos na defensa dos nosos ecosistemas, do medio natural e vivir de fronte a el, sen lle dar as costas porque –ao fin e ao cabo– nós formamos parte dos ecosistemas naturais e, cando menos, non podemos depredar e ameazar a biodiversidade

 

 

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa