SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Lume de Billarda na terra do Umia
Set 28th, 2013 by ofervedoiro

http://www.youtube.com/watch?v=ve9MNX6c0qQ&feature=share&list=UUjVLlWA39r8Up0vStxGtuyw

Billarda alegre e combativa!
Set 25th, 2013 by ofervedoiro

A entrada do outono guíanos de forma imparábel cara o Aberto de Billarda de Cuntis. Uníndose a nós a asociación xuvenil Río Gallo e o proxecto comunicativo  Quinteiro  para dar forma a esta terceira edición. Ese desafío continuo que vertebra a LNB contaxia de novo o noso espírito para encumiar o Aberto da vila do Baño entre os títulos a conquistar por toda aquela persoa que desexe ser recordada para sempre no universo do varal.

A revolución do palán moverase o ritmo de foliada no xa mítico teatro dos soños billardeiros da aldea de Guimarei, acompañada da raiba e paixón que adoitan empregar os palanadores e as palanadoras do Umia nas suas brutais embestidas para facer zoar os estalos na procura da victoria final.

O sábado 5 de outubro será cando os focos mediáticos presten especial atención aos Albariños. Que arricará ao mediodía cun obradoiro de billarda para realizar os nosos propios artiluxios competitivos, dando paso o tradicional xantar de confraternidade que nos axude a tomar os folgos precisos para a desputa do Aberto xa na tarde e rematar o evento cando o son da foliada o desexe.

O cantautor Pepe Constenla confirmou a súa presenza e participación activa a través da música da súa guitarra e da forza da palabra. Aproveitamos para convidar dende aquí a todas aquelas persoas que desexen facer parte da foliada uníndose así a tribo estornela nesta mestizaxe de billarda e festa rachada, que non se entenderían xamais a unha sen a outra.

Para participar do xantar podes facelo poñéndote en contacto connosco no enderezo: ofervedoiro@hotmail.com. O bono por persoa é de 15 euros e 10 para os máis cativos.

Collede impulso porque a loucura da billarda está a piques de estoupar!

Billarda Sempre, alegre e combativa!

 

 

Xa está aquí o III Aberto de Billarda
Set 19th, 2013 by ofervedoiro

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa