SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Sons de loita
Out 14th, 2013 by ofervedoiro

O Fervedoiro colabora na distribución do primeiro traballo de Liska, banda de ska viguesa na que a voz leva o selo dun “chapante” emigrado a cidade dos gindrastes de nome Paulo Tobío.

Sonhos de Raiva” transimítese a través dunha “língua de escravos que um povo se resiste a abandoar” . Con letras feitas dende a experiencia da acción social,  da vida e do traballo diario. Dun grupo que entende que a música coma calquer outra ferramenta cultural ten que estar ao servizo da sociedade e do país.

Recolle once temas que falan de temáticas moi diferentes, dende o “Irmao” Castelao até “povo queimado” que quedou “sen monte nem carvalheiras que den sombra polo agosto” pasando polo “Emigrado” que “fica em terras estranhas longe do seu fogar, procurando umha vida que nunca vai chegar” para rematar musicando unha versión dunha catiga que se podía escoitar no estaleiro vigués de Barreras aló polo 1972 “vou-me da minha terra deixo os meus filhos deixo o meu lar, fico sem agarimo tam só por culpa do capital“.

Dende o noso colectivo e para toda a comarca do Umia poñemos a vosa disposición este traballo, se queredes facervos con él contactade con nós a través do correo ofervedoiro@hotmail.com ou ben das nosas contas nas redes sociais. Tamén deixamos algúns cd´s, para que poidades facervos con él directamente, na Cervexería A Bolera de Cuntis.  

o povo no que a raiva volta alumiar ainda continua a respirar Clandestino (Sonhos de Raiva, Liska)

Muxicas do III Aberto de Billarda
Out 9th, 2013 by ofervedoiro

Quinteiro do Umia achéganos en imaxes o resumo da xornada billardeira do pasado sábado
http://www.youtube.com/watch?v=QDRJzyvQOTI&feature=c4-overview&list=UUjVLlWA39r8Up0vStxGtuyw

Dende a República Billardeira de Guimarei
Out 7th, 2013 by ofervedoiro

Ao fin o Aberto de Billarda de Cuntis quedou na casa. Ben é certo que a ausencia de estrelas da Liga Nacional de Billarda sobre o verde dos Albariños, por ter botado a andar a tempada oficial, facilitou por vez primeira un podium auténticamente comarcal. Saindo campión, o palanador nado a beira do Gallo, Xavi Garrido que se fixo co título nunha emocionantísima final fronte a Fran Escariz.

Os tres anos de experiencia billardeira fixéronse notar na aldea de Guimarei quedando patente o salto de calidade que van dando ano tras ano as palanadoras e os paladores do Umia, deixando golpes certeiros e acadando máis dun varado ao longo do Aberto.

Nin o xantar foi quen de traer acougo a tropa da estornela, arredor da mesa escoitábanse experiencias de anteriores Abertos e pronósticos sobre o que estaba a piques de comezar. Houbo quen trouxo o seu propio varal feito da casa para adicar parte da mañá ao adestramento sobre o terreo de xogo, namentres o obradoiro billardeiro preparaba artiluxios para o resto de participantes. O nerviosismo medraba cando se ía sabendo en que cadro do Aberto tocaba comezar a competir. E a partir de aí un único obxetivo para elas e para eles: escribir para sempre o seu nome na Historia do mítico Aberto cuntiense.

Pepe Constenla puxo o peche a xornada do sábado, a piques de caer a noite trocou o varal co que amosou moi boas maneiras pola súa guitarra. Ofreceunos a música e letras de compromiso que leva canda sí alá onde vai, nos Albariños resou coma nunca “Compañeiro Daniel”, “O Maio”, “Puños pechos” e outros temas que foron acompañados aos coros polo respetable.

Agradecemos a quen estivo alí competindo e foi fiel a cita anual dos Albariños, a Pepe Constenla e as compañeiras e aos compañeiros do Quinteiro do Umia e da Asociación Río Gallo por ter colaborado nesta terceira edición.

E así foi como a serpe multicolor da LNB nos envelenou un ano máis. Quen sofre a súa máxica picadura non procura analxésico ningún para curala, agarda tan só a que o seu efecto esperte o espírito indíxena que leva dentro para combater até o derradeiro intre sobre campo de batalla.

Avante co varal!

    (Preme AQUÍ para ver máis imaxes)

Folla de ruta para este sábado
Out 3rd, 2013 by ofervedoiro

Aquí vos deixamos un mapa para facilitarvos a localización da Área dos Albariños. Nel sinálase unha das ruta que se pode percorrer dende o centro da vila do Baño dirección A Estrada, pola N-640. A menos de 3 Kms atópase o desvio cara a aldea de Guimarei, onde está a área recretiva. De todos xeitos, sinalizaremos a entrada do desvio da N-640 e na propia aldea para que sexa máis doado seguir a folla de ruta.

Vémonos no campo de batalla, prepárate pra acción! Avante co Varal!

Recorda: a partir das 12 horas obradoiro de Billarda, sobre ás 14.30 o xantar de confraternidade e ás 16horas dará comezo o III Aberto de Billarda, foliada e moito máis. Únete a tropa da estornela!

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa