SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Somos nación, queremos selección!
Dec 30th, 2013 by ofervedoiro

Lugo acolleu este pasado sábado unha nova xornada de reivindicación das nosas seleccións deportivas. Con Siareira@s Galeg@s á fronte a lo menos o nadal conserva un oco para que Galiza manteña a súa presenza sobre o terreo de xogo e a rúa continúe a esixir o dereito a competir. A pesar das trabas, do silenciamento mediático e o escaso apoio institucional esta terra teima por non abandoar a loita pola Oficialidade.

Perdura o que un pobo defende!

http://youtu.be/HgoGyw2UOfg

Galega: a nosa Língua, a nosa Selección!
Dec 26th, 2013 by ofervedoiro

Muxicas do III Roteiro da Memoria
Dec 20th, 2013 by ofervedoiro

O resumo do III Roteiro da Memoria nas imaxes de Quinteiro do Umia.
http://youtu.be/lOA9ZoEipm8

 

Os seus nomes percorren o tempo
Dec 18th, 2013 by ofervedoiro

O pasado sábado reunímonos ao pé da carballeira do San Ramón, nunha mañá solleira e con folgos suficentes para realizarmos en comunidade activa e consciente o noso III Roteiro da Memoria. A diferenza doutras ocasións, o noso camiñar discorreu ao longo de toda a freguesía de San Breixo de Arcos de Furcos, facendo parada en distintos lugares relevantes para falarmos –entre todas e todos– daquelas persoa vencelladas a historia negra e case muda dun Estado que non lles está a facer a xustiza merecida. Falouse, evidentemente, de República, do Estatuto de Autonomía de Galiza (do ano 1936), recordamos a Manuel Rodríguez (o alcalde cuntiense fusilado) e Serxio González (concelleiro outrosí deste municipio e así mesmo canteiro de oficio como aquel rexedor). Lémbramonos da casa e orixes dos Liste (de Cuntis e de Teo), raiceira do egrexio Enrique Lister.
Non nos esquecimos de Sabino Sueiro nin doutras persoas que, dende Cuntis, loitaron pola Democracia, por Galiza, pola Liberdade, Igualdade e Fraternidade,… polo galego e polo sufraxio da muller. Non esquecimos de ler o nome de cada un dos fusilados e fusiladas, paseados e paseadas de todos os concellos da bisbarra, así como tamén de todas aquelas persoas que sufriron presidio e represión. Escoitouse o himno galego (desta volta da man do zanfoñista David Iglesias Portela – de Marín) e léronse en alto varias actas municipais de Cuntis do tempo de Manuel Rodríguez.
Tralo xantar de confraternidade e xa caendo a noite tivemos ocasión de visionar na casa cultura “Roberto Blanco Torres” o filme biográfico de Alexandre Bóveda, “A Fazaña da Liberdade”, do director estradense Seném Outeiro. Un gran traballo que amosa o periplo vital dun dos personaxes máis influintes da nosa Historia e tamén máis descoñecidos para a inmensa maioría da cidadanía.
Xa o mércores voltamos percorrer as rúas e prazas da vila do Baño nun especial Roteiro da Memoria para o alumnado de 4º da ESO do CPI don Aurelio, recordando o que foi parte do realizado o pasado ano.
Será este venres cando se poña fin ao Mes da Memoria , pois ata ese día estará exposta no colexio público de Cuntis a mostra que conmemora o 51 aniversario do estreo en Galiza da obra “Os vellos non deben namorarse” de Castelao.
Agradecemos a todas aquelas persoas que formaron parte dos actos, a Davide Iglesias, Seném Outeiro e as entidades colaboradoras Asocación O Meigallo, CPI don Aurelio, Filmika Galaica e Quinteiro do Umia.
“nós queríamos somente
ser libremente homes, ser estrelas,
ser faíscas da grande fogueira do mundo,
ser formigas, paxaros, miniños,
nesta arca de Noé na que bogamos”
Punto de partida
Dec 13th, 2013 by ofervedoiro

Deixámosvos unha folla de ruta para facilitar a localización da capela do San Ramón da Anllada a todas aquelas persoas que veñades dende fora do noso concello. É bastante sinxelo localizala pois atópase o carón da N-640. Neste mapa sinálase unha das rutas que se pode percorrer dende o centro da vila do Baño dirección A Estrada, pola N-640. A menos de 4 Kms atoparedes a capela do San Ramón. Será o punto de partida e chegada do III Roteiro da Memoria. Vémonos alí mañá sábado a partir das 11 horas.

http://ofervedoiro.blogaliza.org/2013/12/03/decembro-e-memoria/

A fazaña da liberdade
Dec 11th, 2013 by ofervedoiro

Este sábado 14 de decembro, ademáis do III Roteiro da Memoria, ás 19 horas na biblioteca municipal “Roberto Blanco Torres” da vila do Baño terá lugar a proxección do documental “A Fazaña da Liberdade”. Un filme biográfica sobre Alexandre Bóveda do director estradende Seném Outeiro.

http://ofervedoiro.blogaliza.org/2013/12/03/decembro-e-memoria/

 

Homenaxe a represaliad@s e vítimas do 36
Dec 8th, 2013 by ofervedoiro

III Roterio da Memoria
Dec 4th, 2013 by ofervedoiro

Velaí o trailer do III Roteiro da Memoria da man de Quinteiro do Umia.
http://www.youtube.com/watch?v=0WAGmeuKKzY&feature=share&list=UUjVLlWA39r8Up0vStxGtuyw

Decembro é Memoria
Dec 3rd, 2013 by ofervedoiro

Nas terras do Umia decembro é Memoria. É o froito da conxugación de dous factores: o compromiso e a teima por restablecer a dignidade dos homes e mulleres dunha nación asoballada polo levantamento militar de 1936 e a súa posterior Longa Noite de pedra.

Será este un mes cunha ampla programación que pon en marcha o noso colectivo coa axuda e colaboración da Agrupación Cantigas e Agarimos, a Asociación O Meigallo, o CPI don Aurelio, Fílmika Galaica e o Quinteiro do Umia.

  1. Dende este pasado luns, día 2 de decembro e até o 20 do presente mes, está exposta no CPI don Aurelio de Cuntis a mostra, realizada pola Agrupación Cantigas e Agarimos, que conmemora o 51 aniversario da estrea en Galiza da obra “Os vellos non deben namorarse” de Castelao. Non só o alumnado e profesorado poden ver esta exposición senón tamén todas aquelas persoas que se acheguen ao devandito centro de ensino no seu horario habitual. Amais de reproduccións orixinais de manuscritos para a posta en escea da devandita obra teatral, pódese ver un exemplar de peza dramática publicada -na súa primeira edición- por Galaxia en 1953.
  2. sábado 14 de decembro a xornada será completa. Os nosos pasos voltarán facer camiño para retirar da Historia a mordaza imposta dende hai ducias e ducias de anos. Desta volta imos contar con varias funcións ao longo de toda a xornada:
    • Ás 11 da mañá botaremos a andar dende a capela do San Ramón da Anllada polo que vai ser o noso III Roteiro da Memoria, que este ano discorrerá pola freguesía de San Breixo de Arcos de Furcos (Cuntis). Recordaremos a historia do alcalde cuntiense Manuel Rodríguez (fusilado), do concelleiro Serxio González (fusilado), dos irmáns Liste (oriundos de Arcos de Furcos) e doutras persoas que sentiron, polos arredores, o bafo da morte ou do terror…
    • Ao redor das 14.30 horas terá lugar o xantar de confraternidade (interesadas/os contactar a través do correo ofervedoiro@hotmail.com)
    • ás 19 horas, na biblioteca municipal Roberto Blanco Torres da vila do Baño, terá lugar a proxección do documental “A Fazaña da Liberdade“. Filme biográfico sobre Alexandre Bóveda do director estradense Seném Outeiro.
  1.  o martes 17 parte do alumnado do colexio cuntiense participará nun particular Roteiro da Memoria polas rúas da vila do Baño a partir das 11.45 horas. Baseándonos no II Roteiro da Memoria (inaugurado en decembro de 2012), o alumnado de 4º da ESO do CPI don Aurelio Marcelino Rey paseará por estas rúas ateigadas de historia, recordaremos os nomes dos/as fusilados/as, dos fuxidos,.. dos lugares de presidio, dos fogares dos/as represaliados/as… e buscaremos recunchos para falar de Roberto Blanco Torres, Xohán Xesús González, Uxio Souto e doutras persoas que sufriron nas súas carnes os horrores da guerra e o loito da dictadura.

Como nos libros, para pasar páxina, primeiro hai que lela!

 

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa