SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Ahí ven o Gallo de árbores cuberto
Mar 20th, 2014 by ofervedoiro

Velaí as imaxes que recollemos ao longo da inspección que realizamos a pasada fin de semana e que foi dende a Ponte, no casco urbano da vila do Baño, até 300 mtos máis abaixo da Ponte Nieto, situada en Meira. Este foi o panorama co que nos atopamos:

keep the calm!
Mar 19th, 2014 by ofervedoiro

Logo do temporal, a calma,… Esa podería ser a situación actual das beiras do río Gallo e, igualmente, do seu cauce no que se refire á zona do centro urbano e, outrosí, ata a zona da Ponte Taboada; tramo este no que está incluído o noso proxecto de recuperación fluvial e posta en valor do patrimonio histórico-etnográfico, así como medio ambiental, denominado Arredor da Auga.

Ademais dos propios labores de recuperación de elementos construtivos desa zona, O Fervedoiro supervisa con certa periodicidade as devanditas marxes e cauce, estando isto integrado dentro da propia Custodia Fluvial coa que colaboramos co colectivo ADEGA. Na nosa última inspección, realizada a fin de semana do 15 ao 16 de marzo, puidemos observar esa calma. As árbores caídas durante as cicloxéneses seguen no lugar onde sucumbiron as súas vidas ou até onde foron arrastradas polas fortes correntes, algunha atoando o cauce fluvial, outras as beiras, outras propiedades veciñais. Só foron retiradas, con certa dificultade e non coa rapidez desexable, aquelas árbores que se precipitaron na zona do tramo urbano.

Amais disto, sigue a ser curioso (perdón, quixemos dicir penoso e denigrante) o estado de total abandono e desleixo do paseo fluvial, no tramo comprendido entre a zona da Ponte e as Piscinas Municipais. Feito que xa denunciamos o ano pasado, concretamente o 6 de febreiro de 2013,  por aquel entón comezaban os problemas. O afundimento do firme, deterioro total das marxes, amoreamentos de pedras e xabre que a propia forza da auga acumulou en determinados espazos, e cables de subministro eléctrico do alumeado público á vista do pé que, evidentemente, ocasiona un potencial perigo para transeúntes (cativos, adultos e animais).

Sería interesante coñecer os prazos que baralla a administración pública para retirar todas as árbores caídas que, segundo os nosos cálculos, non é inferior a unha ducia. Por outra parte, sería bastante oportuno saber como se van rexenerar os espazos danados co obxecto de recuperarmos a flora endémica desa contorna do río Gallo (ateigada de ameneiros, bidueiros, freixos e outras familias arbóreas). Subliñemos que esta flora está protexida e colabora no mantemento dos firmes das beiras fluviais.

Agardamos que as árbores sigan sendo vida e paisaxe e que non se cumpra o dito daquel “ilustrado” que seica dixo que “as árbores non nos deixan ver o bosque”. Haberá labores de repoboación ou cemento-chapapote? Haberá sensibilidade ou seguirase “de costas” ao río? Recuperaremos vida ou abrirase a gabia para novas mortes do bosque de ribeira? Wait a moment and keep the calm!

Aquí vos deixamos un vídeo coas imaxes que recollemos durante a nosa inspección:
http://youtu.be/wFjpA6Rt6ig

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa