SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
II Certame Poético Carme de Xinzal
Abr 24th, 2014 by ofervedoiro

 Dende a nosa sección ACUDE ALÍ (Acción Cultural na Defensa d´A LÍngua) vimos de convocar o II CERTAME POÉTICO que este ano leva por nome CARME DE XINZAL, pseudónimo que ten empregado o escritor cuntiense Xohán Xesús González.

Está dirixido ao alumnado de secundaria do CPI don Aurelio Marcelino Rey co obxecto de normalizar o uso do galego, estimular a creación poética entre as/os mozas/os de Cuntis e defender os Dereitos Humanos.

As composicións poéticas deberán ser orixinais, inéditas e escritas na nosa língua. Cunha extensión entre 12 e 20 versos podendo ser estos libres ou medidos.
Os orixinais deberán ser entregados baixo pseudónimo (tal e como o escritor cuntiense Xohán Xesús González o fixo facéndose chamar Carme de Xinzal).
Escolleranse tres únicas obras que se darán a coñecer a mediados de Maio, o Mes das Letras Galegas.

Colaboran, ademáis do equipo de normalización liguística do colexio cuntiense, os grupos musicais Fracasados de Antemano, Guadi Galego, Medomedá, Nao e Sés achegando cd´s cos seus traballos que serán parte do agasallo das/os premiadas/os. A todos eles agradecémoslle enormemente o seu compromiso, axudándonos a enriquecer deste xeito o II Concurso Poético Carme de Xinzal.

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa