SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Xornadas medioambientais no CPI don Aurelio
Mai 20th, 2014 by ofervedoiro

Hoxe martes a partir das 16.20 horas temos un encontro co alumnado do CPI don Aurelio Marcelino Rey, enmarcado nas xornadas medioambientais que organizan dende o colexio, para amosarlles o traballo de recuperación que estamos impulsando dende o noso proxecto “ARREDOR DA AUGA”.

Na entrega de premios do Carme de Xinzal
Mai 19th, 2014 by ofervedoiro

O martes 13, no salón de actos do CPI Aurelio Marcelino,  fixemos entrega dos premios do certame poético Carme de Xinzal acompañados  polo cantautor cuntiense Manoele de Felisa que amenizou o acto.

fallo foi o seguinte:

  •  Pola defensa directa da liberdade de expresión e a liberdade de ensino, así como pola clara crítica ao elemento censor; cumprindo todas as bases, resulta galardoado co 3º Premio do II Certame Poético Carme de Xinzal o autor da composición Censura, asinada polo Rapaz do Quinteiro; que aberta a súa plica resultou ser o pseudónimo deAbraham Argibay González, alumno de 2º da ESO.
  • Pola forza transmitida e o xogo de imaxes, polos recursos estilísticos (paralelismos, metáforas,…) e incluso polo ritmo que xeran os seus versos; cumprindo todas as bases resulta galardoada co 2º Premio do II Certame Poético Carme de Xinzal a autora do poema Ninguén, asinado por Vento que sopra do norte; que aberta a súa plica resultou ser o pseudónimo de Laura Lobato, alumna de 3º da ESO.
  •  Polas metáforas, pola gran forza visual que transmite, polo xogo que se xera ao comparar a liberdade de expresión cun merlo que pode ser apresado nunha gaiola, e incluso polo suspense e intriga coa que nos deixa de non facemos uso –nós, os seres humanos– dos dereitos que nos son propios; e cumprindo todas as bases resulta galardoada co 1º Premio do II Certame Poético Carme de Xinzal a autora da composición Branco, asinada por Eire; que aberta a súa plica resultou ser o pseudónimo de Regina Touceda Rey, alumna de 3º da ESO.

Ao finalizar o acto e segundo os rapaces e rapazas do centro ían saindo, fóiselles entregando unha reproducción facsimilar, feita ex profeso para este día, dun poema inédito e orixinal que Xosé María Díaz Castro lle quixo dedicar a vila de Cuntis.

Agradecemos a colaboración da Fundación Terra Termarum, a Editorial Toxosoutos, o Diario de Pontevedra, Radio Estrada e dos grupos musicais e artistas que nos cederon copias das súas producións musicais: Esquios, Medomedá, Fracasados de Antemano e Nao. Tampouco nos podemos esquecer de Afonso Blanco Torrado e Armando Requeixo, biógrafos de Xosé María Díaz Castro (homenaxeado co Día das Letras Galegas deste ano), así como da Asociación Xermolos de Guitiriz.

POR NÓS O GALEGO TERÁ MIL PRIMAVERAS MÁIS!!!

 

Entrega de premios
Mai 12th, 2014 by ofervedoiro

Este martes, a partir das 17 horas no CPI don Aurelio Marcelino Rey da vila do Baño, faremos entrega dos premios do certame poético Carme de Xinzal. O cantautor cuntiense Manoele de Felisa poñerá a música na tarde escolar.

 

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa