SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Plan Umia
Ago 6th, 2014 by ofervedoiro

Novo traballo do Quinteiro do Umia, o Proxecto Comunicativo da Comarca do Umia, que analiza desta volta a promesa e o estado actual do Plan Umia. 

Un plan presentado no 2011 por Agustín Hernández, daquela Conselleiro de Medio Ambiente, que prometía un gasto de 22 millóns de euros do erario público para combater a contaminación da auga do encoro da Baxe, cunha serie de actuacións non só no propio encoro senón tamén no saneamento dos tres concellos afectados directamente (Caldas de Reis, Cuntis e Moraña).

Nesta reportaxe repásase dende a problématica da microcistina e o seu tratamento con codia de eucalipto ata o saneamento e estado das depuradoras dos concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña.

Un traballo que nos toca de cheo pois afonda, entre outras moitas cousas, no estado da depuradora de Meira que temos denunciado en reiteradas ocasións.

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa